Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Asignaturas
  Seminarios de Especialización Aplicada II: Turismo, Urbanismo e Medio Ambiente
   Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1: CIENCIAS SOCIAIS E MEDIO AMBIENTE • As ciencias sociais da conservación como paradigma de investigación: unha introdución
• Investigación social crítica e xestión da conservación en áreas protexidas
• Deseño de investigación-acción en experiencias de custodia do territorio
• Colaboracións multidisciplinares en investigación social aplicada ao medio ambiente
BLOQUE 2: CIENCIAS SOCIAIS E TURISMO • Estudos sobre procesos de activación e dinamización do turismo: planificación turística, diagnósticos turísticos, accesibilidade, estudo de caracterización da imaxe turística, definición de estratexias comunicacionales e deseño de plans estratéxicos e directores no ámbito turístico.
• Realización de estudos sobre os roteiros de peregrinación en xeral e o Camiño de Santiago en particular.
• Análise do impacto do turismo nas diferentes dimensións do desenvolvemento local dun territorio.
• Estudos de identificación, documentación, valoración e potencialidade do patrimonio dos territorios.
• Análise de conflitos entre usos turísticos e outros usos do medio (turistificación).
BLOQUE 3: CENCIAS SOCIAIS, CULTURA E PROXECTOS SOCIOCULTURAIS • Investigación sobre a relación entre cultura e territorio con atención ao papel atribuído á cultura como forma de expresión e motor de desenvolvemento: políticas culturais, industrias creativas e culturais, goberno das institucións culturais, etc.
• Investigación sobre os ámbitos cultural e artístico (especialmente musical e literario) e os procesos sociais e político-ideolóxicos relacionados con eles.
• Estudo dos discursos públicos (literarios, xornalísticos, institucionais,...) e dos seus impactos na comunidade e no territorio.
• Análise e cartografía de lugares da memoria.
BLOQUE 4: CIENCIAS SOCIAIS E TERRITORIOS (DES)HABITADOS • Análise e xestión do hábitat baleiro e do esgotamento da poboación.
• Estudos sobre a construción e a realidade territorial do medio rural.
• Investigación sobre a historia urbana moderna e contemporánea
• Estudos sobre espazo urbano e mobilidade.
• Estudos críticos sobre o dereito á cidade.
• Estudos críticos de xénero e urbanismo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes