Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Asignaturas
  Seminarios de Especialización Aplicada III: Economía, Tecnoloxía, Risco e Cambio Socio-Cultural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nos talleres aplicaranse os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais a través de exercicios prácticos e exemplos da investigación social e cultural realizada na Facultade de Socioloxía para saber, de forma práctica, como se implementa o coñecemento á hora de abordar a investigación dos retos sociais actuais.
Sesión maxistral A través de clases teóricas os estudantes familiarizaranse con procesos e proxectos de investigación aplicados reais no ámbito do desenvolvemento tecnolóxico e cambio socio-cultural, a comunicación e percepción social do risco, así como a mobilización e desmovilización política.
Traballos tutelados Os estudantes realizarán exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos abordados que lles permitirán coñecer o uso do método científico, así como a aplicación dos fundamentos epistemológicos e éticos da investigación, transmitir de forma clara os resultados da investigación a distintos públicos, ou a capacidade de desenvolver traballos de investigación de forma autónoma en proxectos de investigación dentro do ámbito temático en contextos de alta transferencia de coñecemento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes