Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Estatística aplicada ás ciencias sociais 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 Consistirá nunha proba global na que o alumnado terá que resolver cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas, no caso de que sexan necesarias. 40
Portafolios do alumno A5 A7 A16 B7 B21 C3 Consistirá nunha serie de prácticas onde resolverán e interpretarán exercicios a través do programa estadístico dado en clase.
60
 
Observacións avaliación

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. A cualificación final será a media ponderada de cada unha das partes: un 40% da proba obxetiva e un 60% do portafolio. Será necesario aprobar o exame para que se poda facer a media. 

As notas das prácticas (portafolio) serán gardadas para a segunda convocatoria, pero non poderán ser recuperadas. En caso de aprobar o exame pero non chegar á media para aprobar, estudarase cada caso con detalle. 

No caso de non seguir a avaliación continua, o alumnado poderá presentarse a proba obxetiva nas convocatorias oficiais  que consistirá nun exame que abarcará toda a materia e estará composto por cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas.

Os exames celebrarase nas datas que estableza o centro nos seus calendarios oficiais de primeira e segunda oportunidade. 

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica se acordará a principio de curso un calendario específico de tutorías compatible a súa dedicación. 

INSTRUCIÓNS SOBRE A ENTREGA DE TRABALLOS E XUSTIFICANTES DE AUSENCIA. 


- As prácticas avaliables han de entregarse a través de moodle na data indicada. Fóra desta data, os traballos só se recollerán de maneira excepcional e por causas de forza maior debidamente xustificadas. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes