Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Antropoloxía social e cultural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados · O traballo tutelado consistirá na elaboración, a elección do alumno dun informe derivado da análise de material bibliográfico (monografías, artigos) sobre un fenómeno ou problema sociocultural -vinculado a un dos temas do programa ou transversal a algúns deles-. Alternativamente poderá tratarse de realizar un traballo de prospección etnográfica sobre aspectos necesariamente moi concretos, básicos e limitados na súa magnitude. Este traballo poderá consistir na recollida de testemuños ou observacións mediante observación participante e/ou mediante entrevistas etnográficas non estruturadas, e a súa posterior interpretación. O escoller unha outra opción, así como o seu seguimento se realizará en reunións entre alumno e profesor en sesións normais de titorías. Valorarase a capacidade de recoñecemento dos compoñentes e manifestacións básicas das diferenzas culturais, a capacidade de análise de materiais etnográfica e teórica, e de síntese e a capacidade de elaborar un informe orientado dende un razoamento crítico de argumentacións e conclusións.
Proba obxectiva · A proba obxectiva consistirá nunha proba escrita, ao fin do curso cuadrimestral, sobre os coñecementos alcanzados polo alumno, que axuntará o desenvolvemento argumental apoiado en exemplos etnográficos, desde un pequeno listado temático proporcionado polo profesor, en combinación coas respostas a catro preguntas breves sobre aspectos concretos da materia. Valoraranse os coñecementos básicos sobre as culturas desde o ángulo antropolóxico, a capacidade de recoñecemento da complexidade social , a capacidade de análise e síntese e as actitudes cara á diversidade cultural. Recoméndase a asistencia regular ao curso, en referencia á preparación e subseguinte avaliación desta proba obxectiva.
Sesión maxistral · Sesión maxistral: Explicación polo profesor dos contidos da materia na aula. Complementarase con materiais visuais de apoio -presentacións en Power-Point; fotografías- e con proxeccións de filmes etnográficos. O obxectivo destas sesións consistirá en proporcionar, desenvolver e orientar aos alumnos nos coñecementos acerca dos conceptos, teorías e complexidades dos fenómenos da cultura, e estimular debates participativos sobre todo iso. Un obxectivo engadido consistirá en fomentar o recoñecemento da diversidade característica do modo de manifestarse os fenómenos culturais. Nesta liña, será esixencia básica, en combinación coas explicacións e o debatido en clase, o estudo dos textos adscritos a cada tema. Recoméndase a asistencia regular ao curso, en referencia ao aproveitamento do impartido nas sesións presenciais.
Discusión dirixida · Discusión dirixida: debate en clase, durante as sesións de prácticas de grupos, de textos seleccionados polo seu valor teórico-etnográfico, acordes coa unidade temática que se estea desenvolvendo nese tempo, e na que tras un resumo esquemático do texto exposto por un alumno, todos poden intervir presentando apoios, alegacións e comentarios a aspectos da devandita lectura, e fronte a argumentacións dos restantes alumnos. Realizaranse dous comentarios-discusión por tema tratado. Valorarase como se argumenta crítica e comprometidamente acerca de problemas, doutrinas e prácticas socioculturais. Recoméndase a asistencia regular ao curso, en referencia á participación en, e avaliación de, as discusións dirixidas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes