Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Antropoloxía social e cultural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral · Sesión maxistral: Explicación polo profesor dos contidos da materia na aula.
Complementarase con materiais visuais de apoio -esquemas e presentacións en Power-Point. O obxectivo destas sesións consistirá en proporcionar, desenvolver e orientar aos alumnos nos coñecementos acerca dos contidos, teorías e complexidades dos fenómenos da cultura, e estimular debates participativos sobre todo iso. Un obxectivo engadido consistirá en fomentar o recoñecemento da diversidade característica do modo de manifestarse os fenómenos culturais.

En condicións de normalidad presencialidad, levaráse rexistro da asistencia regular ao curso, cara ao aproveitamento do impartido nas sesións presenciais.

En condicións de continxencia, a sesión maxistral será conducida mediante sesións a través da aplicación Teams (para os dous grupos maiores), e proporcionando resumos dos diferentes temas do programa a través da plataforma Moodle
Proba obxectiva · A proba obxectiva consistirá nunha proba escrita, ao fin do curso cuadrimestral, sobre os coñecementos alcanzados polo alumno, que consistirá na contestación a vinte preguntas de resposta breve. Valoraranse os coñecementos básicos sobre os contidos dos temas do curso, e o dominio dos conceptos.

En condicións de presencialidad, insístese na asistencia regular ao curso, en referencia á preparación e subseguinte avaliación desta proba obxectiva.

De precisarse a realización online da proba, esta poderá ser realizada como 'tarefa' a desenvolver a través da plataforma Moodle, e consistirá no desenvolvemento de dous epígrafes do temario da materia, seguidos de senllos exemplo etnográficos.
Resumo · O resumo consistirá na elaboración polo alumno dun traballo de resumo e comentario crítico desenrrolado sobre o argumento sociocultural e a técnica de elaboración de dous filmes etnográficos, seleccionados polo mesmo, de entre máis dunha vintena que se proporcionarán a través de Moodle polo profesor, para o seu visionado e análise autónoma. Será entregado a mediados-finais de decembro
Discusión dirixida · Discusión dirixida: presentación e debate en clase, durante as sesións de prácticas de grupos, de textos seleccionados polo seu valor teórico-etnográfico, acordes coa unidade temática que se estea desenvolvendo nese tempo, e na que tras a presentación dun resumo esquemático do texto desenvolvida por grupos de 3-5 alumnos, todos poden intervir con comentarios a aspectos da devandita lectura. Valorarase como se argumenta crítica e comprometidamente.

En condicións de normalidade presencial, insístese na asistencia regular ao curso, cara á participación en, e avaliación de, as discusións dirixidas.

En caso de continxencia, os grupos de alumnos substituirán a presentación en clase do texto que lles for asignado, por pequenos traballos colectivos con extensión máxima de cinco páxinas, aos que se poderá engadir mapas conceptuais da materia tratada. Estes traballos enviaranse por Moodle ao profesor, a data en que lles correspondeu a presentación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes