Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Antropoloxía social e cultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B3 B13 O traballo tutelado terá un valor do 30% no conxunto da nota. Valorarase particularmente o labor de resumo e comentarios críticos de cada un dos capítulos da monografía antropolóxica a traballar por cada alumno, así como a selección e tratamento dos conceptos crave da obra. No caso de que o alumno opte por un pequeno traballo etnográfico valorarase especialmente a recollida de testemuños ou observacións mediante observación participante e/ou mediante entrevistas etnográficas, e a súa posterior interpretación. 30
Proba obxectiva A12 B3 B20 B27 A proba obxectiva considérase como un exame único ao final de curso, no que o alumno desenvolverá argumentalmente, apoiado en exemplos etnográficos, unhas cuestións de rango intermedio, elixidas dentro dun pequeno listado temático proporcionado polo profesor (60% da cualificación desta Proba obxectiva), e en combinación coas respostas breves a catro preguntas concretas sobre aspectos da materia (que supoñen un 40% da cualificación). En conxunto, a cualificación da Proba obxectiva supón un valor do 50% da nota global. É requisito inescusable superar esta Proba obxectiva para considerar os outros elementos de avaliación. 50
Discusión dirixida A35 A36 B9 A discusión dirixida avaliarase sobre o conxunto de resumos-esquemas das lecturas que servirán aos alumnos para ir preparando os comentarios e argumentacións de cada tema, e que se irán entregando ao longo do curso. Achega un 20% da consideración evaluativa. 20
 
Observacións avaliación
Para a evaluación da 2ª oportunidade, realizarase unha media ponderada dos resultados de ésta (50% da calificación final)con as resultantes das outras duas metodoloxías (30% y 20%, respectivamente).O alumno deberá realizar a proba obxetiva na data da convocatoria de 2ª oportunidade, si non tera superado ou asistido a tal proba na 1ª convocatoria. Si o traballo tutelado fora a causa de non superar a materia na 1ª oportunidade, deberá presentar dito traballo en esta 2ª oportunidade


No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguiránse os mesmos criterios de evaluación para a 1ª y 2ª oportunidade que para o restante alunnado, inda que, no caso da "discusión dirixgida" sustituirase, para os primeiros, a presentación oral en clase pola entrega dun esquema-resumo de algunha das lecturas indicadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes