Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Antropoloxía social e cultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Resumo A1 B3 B13 O resumo unitario dos dous films etnográficos terá unha extensión máxima de 10 páxinas, e computará un valor do 30% no conxunto da cualificación global. Valorarase particularmente o esforzo e destreza na síntese e comentarios críticos sobre os films, a traballar por cada alumno, así como a selección e tratamento dos conceptos crave do argumento fílmico. 30
Proba obxectiva A12 B3 B20 B27 A proba obxectiva considérase como un exame único ao final de curso, no que o alumno desenvolverá argumentalmente dous cuestións de rango intermedio, elixidas dentro dun listado temático proporcionado polo profesor (50% da cualificación desta Proba obxectiva), e en combinación con sendos exemplos etnográficos ilustrativos de cada tema teórico proposto (que supoñen outro 50% da cualificación). En conxunto, a cualificación da Proba obxectiva supón un valor do 50% da nota global. É requisito inescusable superar esta Proba obxectiva para considerar os outros elementos de avaliación. 50
Discusión dirixida A35 A36 B9 A discusión dirixida avaliarase sobre a comprensión, habilidade expositiva e criterio argumental crítico de cada alumno na súa presentación do seu respectivo resumen-esquema da lectura que lle será asignada; lecturas que se irán entregando ao longo do curso. Achega un 20% da consideración evaluativa.

En caso de non presencialidad, a avaliación realizarase sobre o escrito en formato dixital entregado por cada grupo de 3-5 alumnos que traballasen un mesmo artigo ou capítulo de libro.
20
 
Observacións avaliación
Para a evaluación da 2ª oportunidade, realizarase unha media ponderada dos resultados da proba obxectiva(50% da calificación final)con as resultantes das outras duas metodoloxías (30% y 20%, respectivamente).O alumno deberá realizar a proba obxetiva na data da convocatoria de 2ª oportunidade (ben presencialmente, ben online, dependendo das circunstancias na data), si non tera superado ou asistido a tal proba na 1ª convocatoria. Si o resumo fílmico ou a discusión dirixida foran a causa de non superar a materia na 1ª oportunidade, deberá presentar o resumo fílmico e/ou o escrito-resumen da discusión dirixida en esta 2ª oportunidade


No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguiránse os mesmos criterios de evaluación para a 1ª y 2ª oportunidade que para o restante alunnado, inda que, no caso da "discusión dirixida" sustituirase, para os primeiros, a presentación oral en clase pola entrega do esquema-resumo de algunha das lecturas indicadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes