Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Introdución á socioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Diálogos e debates na clase antes de iniciar os temas con fin de comprobar a capacidade e os coñecementos que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia. Empregarase como introdución xeral a algúns dos temas
Aprendizaxe colaborativa Actividades apoiadas con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Investigación (Proxecto de investigación) Realización dunha actividade de carácter práctico a través da que se propon unha situación que require ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se utilizarán como fonte de profundización nos contidos traballados
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, etc.
Sesión maxistral Exposición oral complementada con uso de medios audiovisuales y la introdución de algunas preguntas dirigidas a los estudantes, con la finalidad de transmitir conocimientos y facilitar el aprendizaje
Traballos tutelados Metodoloxía baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor nos exercicios propostos.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes