Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Introdución á socioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A24 B3 B5 B6 B13 B18 B20 B24 B26 B27 C1 C3 Presentación oral de traballo práctico realizado en grupo 5
Análise de fontes documentais A8 A11 A14 A24 A34 B1 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B13 B20 B21 B24 B25 B26 C3 O traballo de busqueda e crítica de diferentes fontes bibliográficas para a análise dos temas da materia, deberá entregarse por escrito en tempo e forma, tal como acórdese coa profesora da materia, ao longo do curso. 10
Discusión dirixida A9 A11 A14 A24 B1 B3 B4 B5 B13 B18 B20 B25 B26 B27 C4 Avaliación do nivel de implicación do alumno mediante a súa adecuada participación na resolución das cuestións que se lle expoñan 5
Investigación (Proxecto de investigación) A14 A15 A16 A17 A26 B1 B3 B5 B6 B20 B21 B23 C1 C3 C8 Realización dun proxecto de investigación por equipos 15
Traballos tutelados A1 A8 A9 A11 A17 A23 A24 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B13 B18 B20 B24 B25 B26 C1 C3 C4 C6 C8 Realización dos exercicios e comentarios indicados (individual ou en equipo) e tutorizados pola profesora 15
Proba mixta A1 A8 A9 A11 A24 B3 B5 B6 B13 B24 B25 B26 C1 C4 C6 Exame escrito sobre a materia 50
 
Observacións avaliación

A materia consta dunha parte teórica e outra práctica.


a) A parte teórica desenvolvida polo profesor en clase e/ou indicada no material bibliográfico que se facilita avaliarase a través dun exame que será puntuado sobre 10. Para aprobar esta parte é necesario obter, polo menos, unha puntuación de 5.


b) A parte práctica constará de diversas actividades (traballos en grupo e individuais, exposicións orais na aula e outros traballos de carácter práctico). Para aprobar esta parte é necesario realizar todos e cada un dos traballos cumprindo coas condicións e datas de entrega indicadas pola profesora e obter unha nota media igual ou superior a 5 puntos.


c) A distribución da nota final da materia farase da seguinte maneira: 50% parte teórica   40 % parte práctica   10 % asistencia e participación en clase.


d) Para a obtención da cualificación final, será necesario ter aprobadas tanto a teoría como a práctica. Unha vez superadas ambas, obterase a nota media. No entanto, para os alumnos que superasen a parte práctica e non a aparte teórica na primeira convocatoria, terán dereito á conservar a cualificación obtida nesa parte para a convocatoria de xullo.



Dado o desenvolvemento presencial da materia, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 por cento das sesións (teóricas e prácticas) de face a permitir un adecuado seguimento e a avaliación continua do alumnado.


Os alumnos que asistisen a clase menos do 80% deberán acudir a unha tutoría coa profesora e terán que presentarse a un exame específico debido ás súas circunstancias especiais. Neste caso, o sistema de avaliación consistirá nun exame sobre a materia (90%), sen que se engadan outros traballos ou actividades prácticas á avaliación final.



Dentro dos criterios de avaliación da modalidade de avaliación continua considérase especialmente importante:


a) Os traballos e prácticas realizados e presentados durante o curso: Valorarase os exercicios prácticos tanto na súa presentación como no seu contido (a comprensión do tema, a organización expositiva e a aplicación da perspectiva sociolóxica ao redor dos fenómenos sociais e textos propostos para análises)


b) Exame final da materia: Valorarase a comprensión e coñecemento dos contidos da materia traballados durante o curso. Tamén se terán moi en conta a correcta expresión e o acertado uso da ortografía.


c) A asistencia e participación nas clases e nas actividades prácticas propostas durante o curso: Valorarase positivamente o interese que o alumno mostre na marcha da materia, nas súas dúas perspectivas (teórica e práctica); o interese apreciado repercutirá na cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes