Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Métodos e técnicas de Investigación social
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Cada tema indicado nos contidos será explicado polo profesor nas clases. Dita explicación será acompañada de material didáctico
Traballos tutelados O traballo será feito conxuntamente por dous alumnos/as. Consistirá en elixir por parte dos alumnos de xeito autónomo un artigo de investigación sociolóxica publicado nunha revista científica. Este artigo non poderá ser de profesores que imparten docencia na Universidade da Coruña ou dos expostos como exemplos polo profesor nas explicacións. Seguindo os pasos que se lle indicarán os alumnos, que consistirán nas fases do proceso de investigación, os alumnos ten que facer un traballo no que analicen as fases do proceso de investigación que plantexa o artigo, e indicar o mesmo tempo as deficiencias que detectan no escrito e os engadidos/correccións que eles farían de cada una das fases.
O longo do curso o profesor -seguindo as fontes de información indicadas-, tutelará os alumnos explicando con detalle cada unha das fases, con exemplos concretos de investigacións xa feitas e publicadas. Deste xeito os alumnos terán orientación tutelada de cada unha das fases do traballo. Sen embargo, os alumnos ten que saber aplicar dito proceso de xeito autónomo ó artigo que eles analizan, poñendo así de manifesto no traballo o saber e a autonomía que teñen para facer eles un traballo.
O traballo será entregado ó profesor na data que se lle indique, sempre antes de rematar as clases, e será exposto na aula polos dous alumnos ante o resto dos alumnos e do profesor. Pódenlles poden facer preguntas e os autores do traballo teñen que contestar.
Proba obxectiva Realizarase una proba obxectiva dos temas recollidos nos contidos e explicados nas sexións maxistrales.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes