Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Introdución á ciencia política e da administración
   Contidos
Temas Subtemas
LECCIÓN 1. O ESTUDO CIENTÍFICO DA POLÍTICA. Que é a política? Poder, autoridade e lexitimidade. As distintas manifestacións da política: estruturas, procesos e resultados. Os escenarios da actividade política: a política no Estado e a política na sociedade. Os enfoques da Ciencia Política. A teoría normativa. O institucionalismo. O conductismo. A teoría da elección racional. A perspectiva feminista.
LECCIÓN 2. O ESTADO.

Factores sociais, políticos e ideolóxicos no surgimiento do Estado. Os teóricos do Estado: Maquiavelo, Bodino e Hobbes. Liberalismo político e Estado. A crise do Antigo Réxime. Características do Estado Liberal: Estado de Dereito, Declaracións de Dereitos e División de Poderes. A idea de nación política. As transformacións do Estado Liberal: a democracia liberal. Estado social e Estado de Benestar. Antecedentes do Estado de Benestar. Etapas na implantación do Estado de Benestar. A crise do Estado de Benestar. Cuestións actuais sobre a realidade estatal. O Estado na súa relación coas organizacións supraestatales e subestatales. Estado e globalización.Fronteiras estatais e dereitos humanos.
LECCIÓN 3. RÉXIMES POLÍTICOS NON DEMOCRÁTICOS E TRANSICIÓNS POLÍTICAS. Problemas de definición: réximes autoritarios e réximes totalitarios. A quebra das democracias liberais en Europa: os réximes totalitarios na primeira metade do século XX. Tipoloxía dos réximes non democráticos. Cambio, modernización e transición política. O proceso de cambio político: transición, instauración e consolidación democrática. Os actores e as modalidades do cambio. Condicións para a consolidación da democracia.
LECCIÓN 4. A DEMOCRACIA I. O debate sobre o concepto: democracia e poliarquía. As transformacións da democracia: dos polis grega á democracia liberal. Modelos teóricos de democracia: liberal-protector, democrático-participativo e pluralista-competitivo.
LECCIÓN 5. CULTURA E SOCIALIZACION POLÍTICA. Valores e actitudes políticas. A cultura política: aparición do enfoque, definición e indicadores para o seu estudo. O concepto de cultura cívica e as súas críticas. Orientacións e valores políticos na sociedade post-industrial. A socialización política: concepto e axentes de socialización.
LECCIÓN 6. A ACCIÓN POLÍTICA INDIVIDUAL. Definición. Como participar en política: formas convencionais e non convencionais de acción política. Do comportamento electoral á violencia política.
LECCIÓN 7. A ACCIÓN POLÍTICA COLECTIVA: PARTIDOS POLÍTICOS E GRUPOS DE INTERESE. Orixe histórica e evolución dos partidos políticos. As funcións dos partidos políticos na democracia. Tipoloxía dos partidos políticos. Os sistemas de partidos: concepto e tipoloxía. Concepto de grupo de interese: grupos de interese, grupos de presión e partidos políticos. Tipoloxías. Modalidades de acción: da persuasión á acción directa. Condicionantes para determinar as posibilidades de éxito dun grupo de interese.
LECCIÓN 8. PARLAMENTOS E REPRESENTACION. Asembleas medievais e parlamentos modernos. Estrutura e composición dos parlamentos. Funcións dos parlamentos A representación política: concepto e evolución.
LECCION 9. ELECCIONS E SISTEMAS ELECTORAIS. Funcións das eleccións. Características do sufraxio democrático. Compoñentes do sistema electoral. Tipoloxía dos sistemas electorais.
LECCIÓN 10. EXECUTIVOS E ADMINISTRACIONS. Orixe e desenvolvemento da institución gobernamental. O goberno parlamentario: surgimiento histórico e características. O presidencialismo: surgimiento histórico e características. Conceptos básicos no estudo das administracións públicas. Weber e a paradigma burocrático. O problema da lexitimidade e a crise da administración burocrática: a administración por obxectivos, a xestión de calidade total e a nova xestión pública. Os actuais procesos de gobernanza. O concepto do bo goberno.
LECCIÓN 11. A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DO ESTADO. A distribución territorial do poder. O Estado unitario. A descentralización administrativa. O Estado composto: estados rexionais e estados federais. As relacións intergobernamentais.
LECCION 12. A DEMOCRACIA II Tipoloxía dos réximes democráticos: democracias maioritarias e democracias de consenso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes