Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Introdución á ciencia política e da administración
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A10 Neste caso trátase de valorar a asistencia regular dos estudantes ás clases. 20
Traballos tutelados A17 B1 B5 B12 B17 Trátase da valoración da serie de exercicios descritos máis arriba (véxase apartado de "metodoloxía") que han de realizarse, ben por escrito, ben asinando unha folla de asistencia aos mesmos. A principio do curso os estudantes serán puntualmente informados o tipo de prácticas que han de realizar, como realizalas, e de cales delas serán consideradas para a súa avaliación. 20
Proba obxectiva A24 B3 Trátase dunha proba na que os alumnos haberán de responder por escrito a unha serie de preguntas relacionadas cos contidos do temario da materia. 60
 
Observacións avaliación
OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO COMPLETO.


1º) Para superar esta materia, tanto na convocatoria de xuño como, no seu caso, na de xullo, é necesario alcanzar o cinco puntos, independentemente do valor que a avaliación adquira en cada un dos ítems avaliados, pero non se poderá superar a materia sen presentar os traballos obrigatorios.
2º) No caso daqueles estudantes que non superen a materia na convocatoria de maio/xuño, a nota de asistencia e a dos traballos de curso se garda para a convocatoria de xullo. Entre ambas convocatorias non poderán repetirse os traballos.
3º) Os traballos obxecto de avaliación haberán de realizarse na aula ou entregarse en clase os días sinalados no "Programa de Exercicios", do que os estudantes disporán a principios do cuadrimestre. Fora destas datas, os traballos só se recollerán e correxirán de maneira excepcional por causas de forza maior debidamente xustificadas.

OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO PARCIAL.

Para aqueles estudantes acollidos á situación de recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña"), observaranse as seguintes normas de avaliación, tanto na primeira como na segunda oportunidade:
1º) Realización do exame oficial na primeira ou segunda oportunidade. A materia do devandito exame é a mesma e prepárase cos mesmos Manuais que no caso do resto de estudantes. O seu valor sobre a nota final será dun 70%.
2º) Presentación dun traballo nas datas establecidas para os exames da primeira ou segunda oportunidade. O devandito traballo versará sobre un asunto relacionado coa temática da materia que se acordará coa profesora na primeira titoría realizada para ese efecto. O seu valor sobre a nota final será dun 30%. O estudante que entregue o seu traballo na convocatoria de exame da primeira oportunidade non poderá repetilo en caso de ter que presentarse de novo ao exame na segunda, pero a cualificación quedará gardada. Non se poderá superar a materia sen presentar o traballo obrigatorio.
3º) Para acollerse a esta modalidade de avaliación, é condición sine qua non que os estudantes nesta situación PÓÑANSE EN CONTACTO COA PROFESORA DA MATERIA DURANTE AS TRES PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE. Este requirimento ten o obxecto de planificar e acomodar o seguimento da materia de forma individualizada e en función das circunstancias de cada estudante. Por tanto, non se admitirá que un estudante recorra a esta modalidade de avaliación unha vez superado o devandito prazo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes