Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría e historia da poboación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Teoría e historia da poboación Código 615G01107
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Golías Pérez, Montserrat
Correo electrónico
montserrat.golias@udc.es
Profesorado
Golías Pérez, Montserrat
Correo electrónico
montserrat.golias@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo principal do curso é proporcionar os conceptos básicos para identificar e discutir a interrelación entre distintos fenómenos demográficos e a realidade social, económica e eventualmente de política pública (causas e consecuencias da caída da fecundidade, do envellecemento da poboación e dos procesos de migración, entre outros). No cumprimento deste obxectivo, o contido do curso atenderá especialmente ás poboacións dos países desenvolvidos e singularmente á poboación española. Son tamén metas deste curso o fomento do traballo persoal do alumno e a súa capacitación no manexo de instrumentos básicos na análise científica da realidade social, como as fontes estatísticas oficiais e o material bibliográfico. Os estudantes deberán aprender a buscar nas fontes de datos aqueles que se refiren a realidades demográficas relevantes, así como a calcular e interpretar os indicadores básicos da análise demográfica (taxas e índices) e a producir e explicar táboas e gráficos que describan realidades demográficas relevantes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán modificacións nos contidos. O material estará a disposición do alumnado na Plataforma Moodle. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Se manteñen todas as metodoloxías. Sesión maxistral: As sesións realizaranse no horario previsto. Se celebrarán de maneira síncrona a través da Videoconferencia de Teams, pero serán gravadas e subidas tamén ao Moodel, xunto co material (presentacións, lecturas, outro material audiovisual) correspondente a cada tema, de xeito que teñan acceso de forma asíncrona aqueles alumnos con problemas de conectividade. A interacción co alumnado (participación e debate), manterase de maneira síncrona a través da videoconferencia ou chat de Teams e asíncrona habilitándose tamén Foros Virtuais de Moodle. - Obradoiros e Prácticas a través de TICs: Realización de actividades prácticas Explicaranse a través de Teams de maneira síncrona nas sesión interactivas e no horario previsto, pero a explicación será gravada e subida a Moodle. A entrega de prácticas será a través dos recursos dispoñibles en Moodle. - A proba obxectiva se realizará utilizando as ferramentas e recursos telemáticos dispoñibles para o alumnado. - O material de lectura, estará a disposición do alumnado dixitalmente. *Metodoloxías docentes que se modifican: non se modificarán as metodoloxías, pero se adaptarán á non presencialidade de maneira virtual, e se incorporarán Foros Virtuais (que non computarán para avaliación) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Estableceranse diferentes canles de comunicación directa co alumnado, a través das ferramentas e recursos que teñen a súa disposición: Teams, Correo electrónico, Moodle ou Teléfono (alumnado con limitacións de conectividade). A atención desenvolverase no horario semanal de titorías establecido polos docentes, en titorías grupais a concretar co alumnado, nas sesións virtuais síncronas, nos foros virtuais de Moodle 4. Modificacións na avaliación: Non se realizarán modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Manteránse as mesmas observacións 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non haberá variacións no material nin na bibliografía. O esixido aos alumnos/as estará dispoñible na Moodle, en situación de presencialidade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes