Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría e historia da poboación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Motivarase e valorarase a participación dos alumnos, mediante preguntas ou/e debates.
Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado
Prácticas a través de TIC Consiste na realización de clases prácticas sobre cuestións relacionadas coa demografía e a evolución da poboación. As prácticas son definidas polo profesorado sobre temas de actualidade, nas que se combina a aplicación empírica de diferentes taxas e indicadores demográficos. Nalgunhas destas prácticas utilizásense ordenadores e o programa informático EXCEL para levalas a cabo.
Proba obxectiva Probas obxectivas que se desenvolverán ó longo do curso sobre as diferentes partes do temario impartido de e debatido na aula.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes