Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría e historia da poboación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A14 A17 A32 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B12 C1 C3 Probas obxetivas sobre diferentes partes do temario impartido o longo de cuatrimestre de contido teórico 40
Prácticas a través de TIC A14 A17 B2 B3 B5 B7 C3 As prácticas consistirán na realización de exercicios relacionados co cálculo de indicadores das principais variables demográficas, o manexo de bases de datos estatísticos, a construción de táboas de cálculo, a elaboración de gráficos e a interpretación da realidad demográfica de diferentes territorios. 60
 
Observacións avaliación

Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre van contabilizarse para a nota final. 

As prácticas que se realicen a través de TICS desenvolveranse ao longo do cuadrimestre. Realizarase un mínimo de dous probas obxetivas o longo do cuatrimestre. Estas probas farán referencia ás diferentes partes do temario impartido na materia, que serán sinaladas e recollidas na plataforma Moodle para a súa consulta polo alumnado.

Para aprobar a materia é necesario obter una calificación media de 5. NON se gardarán notas ou partes aprobadas para a segunda e sucesivas oportunidades. Se se suspende, por exemplo, a parte práctica da materia, e a media das calificacións dx alumnx, é, por tanto, inferior a 5, este deberá presentarse á convocatoria extraordinaria con todos os contados da mesma. Non se repetirán as prácticas suspensas. 

Os materiais utilizados nas sesións,presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticas tamén serán postos a disposición do estudantado en formato dixital através da plataforma Moodle. As actividades e prácticas entregaranse enformato dixital a través da plataforma Moodle.

Tanto nos contidos como no sistema de avaliación atenderanse ásrecomendacións de axustes razoables propostas pola Unidade de Atención áDiversidade (ADI) no caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE,proporcionadas pola Coordinación do PAT do centro. 

Aqueles/as alumnos/as non presenciais, con dispens académica ou que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial deberán contactar co profesorado responsable da materia ao inicio de curso. O sistema de avaliación será o mesmo, só que as actividades ou prácticas a realizar na aula serán substituídas por outras ou adaptadas para a súa realización de maneira non presencial.

Para a segunda e posteriores convocatorias o sistema de avaliación consistirá na realización ducha proba obxetiva de contido teórico e práctico. O alumnado deberá desenvolver diferentes conceptos teóricos aprendidos durante o curso, e calcular distintas tasas e indicadores, así como interpretar gráficos e táboas. No caso de poder celebrarse de forma presencial, esta proba terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC para a realización de exames oficias. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes