Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Hª política e social contemporánea
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Hª política e social contemporánea Código 615G01109
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Cardesin Diaz, Jose Maria
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
Profesorado
Cardesin Diaz, Jose Maria
Diz Reboredo, Carlos
Miguez Gonzalez, Santiago
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
carlos.diz@udc.es
santiago.miguez@udc.es
Web http://https://www.udc.es/gl/get/membros/CARDESIN/
Descrición xeral Nesta materia abordaranse algunhas das grandes transformacións que definen a idade contemporánea. O programa organízase en cinco temas: 1.- Un mundo rural en crise permanente. 2.- Da revolución industrial a globalización. 3.- Unha historia urbana. 4.- Orde e control social. 5.- O sistema mundial: do colonialismo ao neoliberalismo. En cada un destes temas estudaranse os procesos implicados durante a idade contemporánea. A utilidade desta aproximación é dobre. Primeiro, que os alumnos incorporen unha dimensión diacrónica, que lles faculte para estudar a sociedade actual como produto histórico, e valorar as continuidades e as novidades por referencia ao pasado. Segundo, analizar o contexto histórico no que se desenvolveu a teoría social, paso previo para contextualizar algunhas das súas limitacións.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Discusión dirixida (computa na avaliación) - Lecturas - Traballo por grupos- (computa na avaliación) - Traballos tutelados –individuais- (computa na avaliación) - Proba obxectiva (computa na avaliación) - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas - Moodle: diariamente. Dispoñibilidade de lecturas e formularios, e entrega de tarefas. - Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos, a discusión dirixida, o debate sobre as lecturas e a exposición oral dos traballos de grupo sobre as devanditas lecturas, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión semanal en horario de titorías, en pequeno grupo, para resolver todo tipo de dúbidas e asesorar na realización dos traballos individuais e de grupo. 4. Modificacións na avaliación A) Alumnado con dedicación completa: Mantéñense as metodoloxías e o seu peso na avaliación. B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia Realización de exame final vía Moodle. C.- Requisitos para superar a materia: - Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. - Entregar e expor os traballos tutelados na data que se indique. - Realización obrigatoria do exame final vía Moodle. - A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Todas as lecturas obrigatorias están dispoñibles no Moodle. Manterase a filmografía a que se poida acceder online, ou aquela que se difunda a través das sesións docentes en Teams.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes