Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría sociolóxica 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor. Supón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Con todo, unha clase maxistral ben preparada, densa nos contidos e amena na forma, será sempre un instrumento interesante na educación.
Ademais, a clase expositiva, a lección maxistral, non debe ir soa na formulación dunha materia como esta. É necesario complementar este método pedagóxico máis tradicional coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes.

Neste tipo de clases tentarase promover unha participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratadas.

A participación do alumnado neste tipo de clases é moi importante e valorarase.

Con estes requisitos, a clase expositiva, mesmo cun número amplo de alumnos (a asistencia voluntaria sempre limita o número real), pode conseguir, en primeiro lugar, unha transmisión adecuada de coñecementos, preferentemente daqueles que poidan ser de difícil acceso ou asimilación. En segundo lugar, debe converterse no espazo da síntese, da crítica, da interrelación de ideas e da profundización de coñecementos. En terceiro lugar, na clase deben achegarse orientacións claras para a aplicabilidade dos coñecementos transmitidos e exemplos concretos da práctica social dos mesmos.
Traballos tutelados Os traballos tutelados ou prácticas de clase (feitas de forma individual ou grupal) terán distinto formato e tratarán sobre distintos temas. Supoñen a ocasión para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia.
Lecturas Nalgúns temas do programa existen un número determinado de lecturas obrigatorias que permiten a adecuada comprensión da materia. Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Son unha guía dos contidos da materia.

Ademais, nalgunhas sesións prácticas utilizaranse para dinamizar debates e para saber interpretar autores e conceptos.
Presentación oral Unha presentación oral sobre un tema da materia será exposta en clase (de forma grupal) a final de curso.
Proba obxectiva Exame final sobre os contidos da materia explicados nas sesións maxistrais e os recolleitos nas lecturas obrigatorias. A data é marcada oficialmente pola UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes