Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría sociolóxica 1
   Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada desta materia desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos tutelados contaredes coa presenza do profesorado na aula durante as sesións en grupos reducidos e, ademais, poderedes programar as titorías presenciais que consideredes necesarias no horario que se comunicará ao comezo de curso. Tamén o profesorado estará dispoñible de forma non presencial preferiblemente a través do correo electrónico (e tamén a través de Teams e do campus virtual).

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto co profesorado ao comezo do curso e terán que asistir a unha titoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase en dous traballos (40% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (60% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como o exame.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes