Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría sociolóxica 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A24 B4 B6 B13 B18 C1 Considéranse traballos tutelados as prácticas expostas en clase (valoraranse as prácticas, a asistencia e a participación).
En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e autores.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso).
30
Proba obxectiva A9 A11 A24 B3 B6 B13 C1 Exame escrito con preguntas breves e/ou de desenvolvemento sobre o contido da materia.
Nel valorarase:
-O manexo de conceptos, autores e teorías.
-A comprensión da materia da materia.
-A coherencia do discurso.
-A correcta expresión escrita.
60
Presentación oral A24 B3 B4 B6 B13 B18 C1 A presentación oral é obrigatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-O traballo en grupo.
10
 
Observacións avaliación
Avaliación continua.

A parte práctica (o conxunto de prácticas e actividades de clase, a exposición, a asistencia e a participación) supoñerá o 40% da cualificación, o exame final o 60%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado.

As prácticas que se realizarán ao longo do cuadrimestre terán un contido variado.

O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC.

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10.

Avaliación non continua.

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha titoría para concretar as metodoloxías de avaliación.

A súa avaliación basearase en dous traballos (40% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (60% da nota).

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10.

Segunda oportunidade.

A aqueles que teñan aprobada a parte práctica da materia pero non se presenten ou suspendan o exame teórico da primeira convocatoria gardaránselles as notas da parte práctica pero terán que presentarse a un exame teórico nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade).

Aqueles que teñan que recuperar a parte práctica por suspendela deberán facer o mesmo exame teórico que os seus compañeiros que a teñan superada e ademais responder a unha ou varias cuestións para recuperar a parte práctica (a parte teórica do exame valerá un 60% da nota e a parte práctica un 40%). 

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame teórico. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes