Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Estatística aplicada ás ciencias sociais 2
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estatística aplicada ás ciencias sociais 2 Código 615G01201
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Otero Enriquez, Raimundo
Correo electrónico
raimundo.otero@udc.es
Profesorado
Otero Enriquez, Raimundo
Correo electrónico
raimundo.otero@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é iniciar aos estudantes no uso da estatística inferencial e a súa aplicación á análise de datos na investigación social, cuxas tarefas fundamentais son a xeneralización dos datos dunha mostra a unha poboación, e a utilización das probas de decisión estatística.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. -Non se realizarían cambios. 2. Metodoloxías. *Metodoloxías docentes que se modifican/engaden. -Chegado o caso, e segundo o escenario correspondente que se explica no epígrafe de modificacións na avaliación, pode ser necesaria a elaboración dunha práctica individual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. -Ferramenta: Teams, correo electrónico e/ou chamada telefónica. -Temporalización: a prevista durante o primeiro cuadrimestre e segunda oportunidade. 4. Modificacións na avaliación. -En caso de continxencia, son tres os escenarios que habería que ter en conta e, polo tanto, que motivan modificacións na avaliación prevista nunha situación de normalidade-presencialidade. Ditos escenarios serían os seguintes: -ESCENARIO 1: NON SE PODE REALIZAR NINGUNHA DAS PROBAS OBXECTIVAS E PRESENCIAIS DE AVALIACIÓN CONTINUA POR CAUSA DUNHA CONTINXENCIA: As probas serían substituídas por dúas prácticas individuais a realizar ao longo do primeiro cuadrimestre. Cada práctica suporía o 50% da cualificación da materia. -ESCENARIO 2: PUIDOSE REALIZAR ALGUNHA DAS PROBAS OBXECTIVAS E PRESENCIAIS DE AVALIACIÓN CONTINUA ANTES DUNHA CONTINXENCIA. a/ Fíxose a 1ª proba obxectiva e presencial de avaliación continua. A materia tería as seguintes metodoloxías avaliables: 1ª proba obxectiva de avaliación continua (80% da cualificación final) + Práctica individual para avaliar o resto do temario (20% da cualificación final). b/ Fixéronse a 1ª e 2ª probas obxectivas e presenciais de avaliación continua. A materia tería as seguintes metodoloxías avaliables: 1ª proba obxectiva de avaliación continua (45% da cualificación final) + 2ª proba obxectiva de avaliación continua (45% da cualificación final) + Práctica individual para avaliar o resto do temario (10% da cualificación final). No punto a/ e b/, se un/ha alumno/a non se presentase a algunha da/s proba/s obxectiva/s de avaliación continua, ou non presentase a práctica individual correspondente, realizadas no transcurso do cuadrimestre, tería como nota na avaliación continua un "non presentado". -ESCENARIO 3: NON SE PODE REALIZAR NINGÚNHA DAS PROBAS OBXECTIVAS DA 1ª E 2ª OPORTUNIDADE (sistema de avaliación non continua). A proba única prevista, respectivamente, para a convocatoria de 1ª oportunidade e 2ª oportunidade, sería substituída por unha práctica individual (que valería o 100% da cualificación final da materia). *Observacións de avaliación: -A práctica de laboratorio prevista -e necesariamente presencial- se é posible realizala, computaría na cualificación final da avaliación continua, sempre e cando se acadara unha cualificación superior a 2,5 puntos na primeira e segunda probas obxectivas presenciais. -As especificacións, contidos e sistema de cualificación da/s práctica/s individual/is, serían comunicados ao alumnado chegada a situación de continxencia. -A/s práctica/s será/n deseñada/s nun documento de word, no cal se inserirán, chegado o caso, as fórmulas e as táboas habituais que precise o alumnado para o seu desenvolvemento. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. -No caso dunha continxencia, os materiais dispoñibles no Moodle da materia configuran, en si mesmos, o manual da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes