Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Estatística aplicada ás ciencias sociais 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B3 B4 B5 B21 B27 Probas de carácter periódico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, compostas por cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que precisarán cálculos matemáticos, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar aportada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tablets, etc.). Para a resolución de exercicios facilitarase un listado de fórmulas básicas e as táboas das distribucións estatísticas necesarias.

Non se admitirá a participación na proba aos estudantes que non se atopen presentes no momento de comezar a realización da mesma.

Estímase que se realizará polo menos unha proba obxectiva por tema, que se celebrará nunha data e hora anunciada en clase con suficiente antelación.

A cualificación final obterase promediando as cualificacións das probas obxectivas periódicas. Por tanto, dito promedio terá que ser igual ou superior aos 5 puntos para superar a materia.
100
 
Observacións avaliación

A planificación exposta nesta guía docente
supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación
final obterase promediando as cualificacións das probas obxectivas periódicas individuais ou
cooperativas. Se un/ha alumno/a non se presentase a algunha das probas
obxectivas periódicas realizadas no transcurso do cuadrimestre, tería como nota
na avaliación continua un "non presentado".

No caso de que non se teñan realizado ditas
probas obxectivas periódicas -ou algunha delas-, ou que non se obteñan os
mínimos esixidos para superar a materia polo sistema de avaliación continua, os
estudantes poderán presentarse a avaliación nunha proba obxectiva única que
abarcará toda a materia. Dita proba obxectiva única consistirá nun exame
composto por cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que
precisarán cálculos matemáticos, para os que estará permitido o uso de
calculadora científica ou estándar aportada por cada estudante (non está
permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tablets,
etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase un listado de fórmulas
básicas e as táboas das distribucións estatísticas necesarias.

A proba obxectiva única celebrarase, cando
sexa pertinente, na convocatoria de 1ª oportunidade, 2ª oportunidade ou convocatoria
extraordinaria chegado o caso (nas datas que estableza o centro nos seus
calendarios oficiais de exame).

Non se admitirá a participación na proba aos
estudantes que non se atopen presentes no momento de comezar a realización da
mesma.

Outras consideracións:

1/ Se o transcurso da materia o permite,
desenvolverase unha práctica de laboratorio, de carácter voluntario, que
poderán presentar aqueles/as alumnos/as que realicen as probas obxectivas de
carácter periódico (isto é, que se acollan á avaliación continua). Dita
práctica:

-Desenvolverase en equipo, coa finalidade de
resolver na aula aspectos teórico-prácticos do temario de xeito cooperativo
(terá un valor máximo de 1 punto sobre a nota final).

-Puntuará na nota final no caso de que o/a
alumno/a obtivera unha nota superior aos 2,5 puntos en todas as probas de
carácter periódico realizadas.

-O alumnado que acuda á proba única -que
estableza o centro nos seus calendarios oficiais de exame- non poderá, por
tanto, realizar esta práctica grupal de laboratorio, nin tampouco, en caso de
tela feita, sumarase á súa cualificación final.

-Indicaranse outras cuestións menores e
organizativas no transcurso do cuadrimestre.

2/ Se o transcurso da materia o permite, a
última proba obxectiva, na modalidade de avaliación continua, poderase realizar ou ben
no formato tradicional ou individual, ou ben de xeito cooperativo, isto é, en
grupos dun máximo de 4 persoas. Tamén:

-A participación na última proba obxectiva de
tipo cooperativo é totalmente voluntaria.

-Poderanse presentar á última proba obxectiva
de tipo cooperativo o alumnado que obtivera nas probas obxectivas individuais e
anteriores, unha nota superior aos 6 puntos. 

-A cualificación obtida nesta proba obxectiva
de tipo cooperativo é a mesma para todos/as os/as integrantes do grupo.

-Indicaranse outras cuestións menores e
organizativas no transcurso do cuadrimestre.

3/ O alumnado que se acolla ao recoñecemento
de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia,
terá que avaliarse, preferentemente, mediante a realización da proba única
detallada nos parágrafos anteriores.

4/ A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso
"0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así
calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes