Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Sistemas políticos comparados
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Comprenden o conxunto de explicacións das profesoras, necesarias para que o/a alumno/a adquira as competencias de Tipo A (relativas á comprensión dos contidos temáticos da materia) e se dote das ferramentas analíticas e das habilidades adecuadas ás competencias Tipo B.
Proba práctica Comprenden un conxunto de actividades semanais encamiñadas ao coñecemento práctico das competencias A e B. Trátase por tanto de aplicar as devanditas competencias á análise de materiais de contido político dos que disporá o/a alumno/a antes ou durante o horario de clases. Devanditos materiais poden ser desde textos políticos clásicos ata noticias sobre cuestións políticas de actualidade, pasando por aqueles que permitan a realización de pequenas investigacións. Algúns destes traballos terán que presentarse por escrito e poderán realizarse dentro ou fóra da aula, mentres que a realización doutros requirirá da presenza do/a alumno/a na aula e da súa participación na actividade proposta. A principios do cuadrimestre os/as estudantes disporán dun documento coa explicación pormenorizada das prácticas que se realizarán semanalmente e, máis concretamente, sobre aquelas obxecto de avaliación.
Proba obxectiva Ao final do periodo lectivo, cada estudiante debe realizar duas probas escritas nas que deberá demostrar o grao de coñecemento e comprensión da materia obxecto de estudo. A principios do cuatrimestre os/as estudantes disporán dun documento coa explicación pormenorizada de cada unha das probas escritas correspondentes a cada parte da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes