Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Sistemas políticos comparados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A10 B3 B27 Proba de avaliación global sobre os contidos da materia que se realizará ao final do curso 65
Traballos tutelados A15 A17 B3 B5 B12 C3 Traballos escritos realizados de forma individual ou en grupo adicados a analizar aspectos relevantes dos sistemas políticos obxecto de estudo e presentados cunha metodoloxía comparativa 25
Lecturas B3 B5 Lectura de varios textos de autores clásicos e actuais sobre método comparado, formas de estado e institucións políticas 5
Estudo de casos A17 B3 B5 C3 Análise da información obtida en portais de Internet sobre dereitos políticos, libertades e actitudes e valores en varios paises 5
 
Observacións avaliación

1) Asistencia
e participación na clase.  A asistencia a clase é obrigatoria nos estudos de grao.  A participación na clase terase en conta para subir a nota.

2) Traballos tutelados de fin de curso.  Supoñen a posta en práctica dos coñecementos teóricos e poden representar ata o 25 % da nota final da asignatura. Entreganse pola plataforma Moodle en formato PDF unha semana antes do exame final. As normas para a sua realización e os principais recursos de Internet podense consultar na plataforma Moodle.

3) Estudo de casos e lecturas. Aos efectos da evaluación continua faranse probas presenciais e a nota media das mesmas pode representar ata un 10% da calificación final 



4) Exames.  Haberá un exame parcial voluntario e liberatorio que tera lugar unha semana antes das vacacións da Semana Santa. Para superar a materia e imprescindibel aprobar o
examen final oficial. A nota do exame final, ou a nota media no caso de ter aprobado o parcial, representará o 65% da nota final.



Segunda
oportunidade:  Os traballos de fin de curso son válidos nesta
convocatoria. Os/as  que non foran quen
de aprobar os traballos de fin de curso poderán volver a presentalos seguindo as indicacions do
profesor.   

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes