Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría sociolóxica 2
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Sesión maxistral
Lecturas
Descrición
A atención personalizada desta asignatura desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos tutelados contaredes coa nosa presenza no aula durante as sesións en grupos reducidos e, ademais, poderedes programar as tutorías presenciales que consideredes necesarias no horario que comunicaremos ao comezo de curso. Tamén estaremos dispoñibles de forma non presencial preferiblemente a través do correo electrónico (e tamén a través da plataforma Moodle).

Recomendase a todos os alumnos que, ante la dúbida, fagan uso das tutorías sempre.

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto cos profesores ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (20% da nota), un traballo sobre unha producción audiovisual (20% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (60% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a producción audiovisual) como o exame.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes