Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría sociolóxica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A24 B3 B6 B13 C1 C7 Consiste na lectura crítica dunha monografía (elexida de común acordo co profesor) e o seu comentario desde, alomenos, a perspectiva de xénero. 10
Proba obxectiva A9 A11 A24 B3 B4 B6 B13 B18 B27 C1 C7 Dúas probas (unha por cada dous temas, dos temas 1 a 4) con supostos teórico-prácticos sobre os contidos dos temas traballados. Cómpre ser aprobada para considerar os outros elementos de avaliación.
Unha parte importante da calificación (o 25% do total da teoría) refirese aos conceptos xa aprendidos en temas anteriores, polo que se recomenda aos alumnos/as que respondan sempre ás preguntas sobre temas pasados.
EN CASO DE NON FACER AVALIACIÓN CONTINUA: O peso do exame final sobre o total da nota é do 90%.
50
Prácticas a través de TIC A11 A24 B3 B4 B6 B13 B18 C1 C7 SÓ PARA A MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA:
1) Resumo do máis salientable da monografía recensionada, pero presentado esta vez nun formato de divulgación, non académico, de xeito que o/a estudante sexa quen de transmitir a un público non especializado a idea e contidos principais do texto traballado. Pode ser un podcast, vídeo, ou calquera outro formato audiovisual. Valorarase especialmente a creatividade, orixinalidade, capacidade de síntese e calidade do traballo. Vale 10 puntos sobre 100.
2) Resumo do tema 5. Resumo por escrito e en presentación powerpoint/audiovisual dun texto do tema 5. Vale 5 puntos sobre 100 e é condición inexcusable para seguir na avaliación continua.
15
Solución de problemas A9 A11 A24 B3 B4 B6 B13 B18 B27 C1 C7 SÓLO PARA A MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA:
Conxunto de probas prácticas que sirven para ir preparando a avaliación (e autoavaliación dos alumnos) dos coñecementos da materia. Iranse plantexando ao longo do curso. Son os comentarios por escrito que se propoñan na aula, como, máis especialmente, os exercicios que se plantexen para cada tema (normalmente, probas de anos anteriores e que e presentan na Guía de Estudo a principios de curso)... etc.
10
Mapa conceptual A9 A11 A24 B3 B4 B13 B18 C1 SÓ PARA A MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA:
Representación gráfica dos principais autores/correntes/teorías tratados nos temas 6 e 7.
15
 
Observacións avaliación

OPCIÓN DE AVALIACIÓN CONTINUA
O/a estudante que en xuño non fora quen de superar a materia pola razón que sexa (ter unha nota inferior ao 5 na parte teórica, non acadar puntos suficientes no apartado de solución de problemas, etc.), non deberá presentarse na 2ª oportunidade (xullo) con aquela parte que estea aprobada.

OPCIÓN DE AVALIACIÓN NON CONTINUA: O estudante presentaráse a un exame que contará o 90% da nota e presentará a recensión da monografía, que contará o 10% e é condición inexcusable para aprobar a materia

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa adicación. ?En caso de non acrordarense uns elementos de avaliación particulares para os/as estudantes a tempo parcial, na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a modalidade de avaliación non continua.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes