Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría sociolóxica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A24 B3 B4 B6 B13 B27 C1 C7 Considérase traballos tutelados tanto as prácticas realizadas en clase como o portafolio e a recensión. En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso).
45
Presentación oral A24 B3 B4 B6 B18 C1 A presentación oral é obligatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema sociolóxico tratado.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
5
Proba obxectiva A11 A9 B3 B13 Exame escrito con preguntas breves e de desenvolvemento sobre o materia da materia.
Nel valorarase:
-O manexo de conceptos e teorías.
-A comprensión da materia.
-A coherencia do discurso.
-A correcta expresión escrita.
50
 
Observacións avaliación

Avaliación continua. A parte práctica (o conxunto de prácticas e actividades de clase, o portafolio, a recensión, a exposición, a asistencia e a participación) supoñerá o 50% da cualificación, o exame final o 50%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado. As prácticas que se realizarán ao longo do cuatrimestre terán un contido variado. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. Para aprobar a asignatura é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame. 

Avaliación non continua.
Aqueles alumnos que obteñan o recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto cos profesores ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro ou conxunto de lecturas a determinar polo profesor (20% da nota), un traballo sobre unha produción audiovisual a determinar polo profesor (10% da nota), un exercicio de análise de casos con teoría de xogos (10%) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (50% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a produción audiovisual) como o exame. 

Segunda oportunidade. A aqueles que teñan aprobada a parte práctica da materia pero non se presenten ou suspendan o exame teórico da primeira convocatoria gardaránselles as notas da parte práctica pero terán que presentarse a un exame teórico nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade). Aqueles que teñan que recuperar a parte práctica por suspendela deberán  reelaborar os traballos prácticos suspendidos. Os pesos relativos dos distintos bloques son os mesmos que na primeira oportunidade, e mantense o requisito de aprobar tanto a parte práctica como o exame para superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes