Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Relacións internacionais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais B1 As actividades dirixidas representarán o 40% da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 5
Sesión maxistral C3 Docencia expositiva e orientativa sobre os contidos do programa. 5
Proba obxectiva A8 B3 C1 C4 O exame final será escrito e suporá o 60% da nota total. Realizarase ao final do cuadrimestre sobre a base da docencia impartida durante o curso, e consistirá en diversas preguntas baseadas en epígrafes do programa. 70
Traballos tutelados A33 A36 B15 B26 As actividades dirixidas representarán o 40% da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 10
Simulación A33 B1 As actividades dirixidas representarán o 40% da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 10
 
Observacións avaliación

A nota final da materia corresponderase nun 60% co exame final e nun 40% coas actividades dirixidas. No suposto caso de que o alumno non entregue os traballos dirixidos, a súa cualificación final será a nota obtida pola proba obxectiva de acordo coa ponderación establecida, sendo a nota máxima un 6. Para que se poida sumar a nota das actividades prácticas, deberá alcanzarse un 5 sobre 10 no exame final. Non se permitirá ningún cambio de quenda nin de grupo reducido que non fose autorizado previamente polo Centro.

Segunda oportunidade: A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10. 

OBSERVACIÓN XERAL: Calquera intento de fraude ou plaxio en calquera actividade que se desenvolva durante o curso ou no exame final será penalizada cun suspenso automático na materia (0).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes