Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía do xénero
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A21 A35 B3 B6 B13 B25 Traballos obrigatorios na aula. 20
Proba de ensaio A34 A36 B3 B11 C6 C7 Realizarase un examen obrigatorio de todo o temario. 80
 
Observacións avaliación

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación
indicados anteriormente nesta sección.

Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos
para todas as oportunidades de avaliación. Na avaliación da segunda oportunidade
(artigo 18, sección 5, das Normas de avaliación, revisión e reclamacións de
cualificacións de estudos de grao e máster) os estudantes terán a oportunidade
de realizar unha proba final, consistente nun cuestionario mixto, equivalente
ao 100% da avaliación, na que os estudantes deberán demostrar que acadaron as
competencias da materia.

Convocatoria adiantada: as condicións de avaliación da
oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de avaliación, revisión e
reclamacións das cualificacións dos estudos de grao e mestrado) serán
específicas para esta oportunidade. Avaliarase mediante unha proba mixta que representará o 100% da nota final.

---

Modalidade presencial: O exame terá un peso do 80% na nota final, e a asistencia con participación activa (20% da nota final). A asistencia a clase para o alumnado en modalidade presencial é unha parte da avaliación. 

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia:
 os estudantes con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, serán
avaliados cos mesmos criterios que os estudantes a tempo completo.

Modalidade NO
PRESENCIAL
: O alumnado en modalidade non presencial será avaliado da seguinte forma: examen final da materia a través dun exame completo que será o 100% da nota final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes