Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Análise multivariante de datos sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A7 A26 B21 A proba mixta consistirá na realización un examen ao longo do cuadrimestre acerca das lecturas básicas da materia.
Todos aqueles alumnos que non desexen ser avaliados a través da avaliación continua poderán presentarse aos exames das convocatorias oficiais. Ese exame constará dunha parte teórica e outra práctica.
40
Prácticas a través de TIC A5 A7 A14 A16 B3 B7 B27 C1 C3 Ao longo do curso realizaranse prácticas na aula que implicarán a aplicación a casos prácticos concretos da técnica de investigación que se vaia abordando en cada momento. Os alumnos deberán acreditar a súa asistencia a, polo menos, o 75% das prácticas. 25
Traballos tutelados A5 A7 A14 A15 A16 A26 B3 B4 B5 B12 B27 C1 O traballo tutelado de curso consistirá na realización dun traballo de investigación con datos secundarios desde principio a fin. Deste xeito, os alumnos deberán abordar o manexo de programas informáticos de tratamento de datos, a análise dos resultados e a elaboración do informe de investigación. Tratarase de fomentar o traballo en equipo, polo que o traballo de curso realizarase en grupos de non máis de tres alumnos. 20
Presentación oral B3 B6 C1 Os alumnos, organizados en grupos de tres persoas, exporán un artigo de investigación que utilice a técnica en cuestión ou ben os resultados do seu propio traballo tutelado. O profesor facilitará aos alumnos tanto o texto sobre o que versará a exposición como o guión da exposición. 15
 
Observacións avaliación

Ao principio do cuadrimestre os alumnos
deberán optar por unha de dúas vías: ou ben a avaliación continua ou ben a
avaliación a través do exame na convocatoria oficial. Os que opten por esta
última vía só terán que presentarse a un exame teórico e práctico na data
oficial. Os alumnos que opten pola vía da avaliación continua non poderán
presentarse ao exame da data oficial na oportunidade de xuño, aínda que si á
oportunidade extraordinaria de xullo. Entenderase que optaron pola avaliación
non continua todos aqueles alumnos que non comunicasen ao profesor por correo
electrónico a súa opción pola avaliación continua antes do 15 de febreiro de
2020.

A avaliación do esforzo dos alumnos que opten
pola avaliación continua basearase nun sistema de puntos que terán que ir
acumulando ao longo do cuadrimestre. O número máximo de puntos que os alumnos
poden obter será 100 na avaliación continua e 80 na avaliación non continua. A
súa cualificación final dependerá directamente do número de puntos que
acumulen.

Para os alumnos na avaliación continua,
haberá catro actividades que lles contará para acumular puntos: unha exposición
en grupo, as prácticas en clase, un traballo en grupo e un examen sobre o
contido teórico da materia. O número máximo de puntos en cada unha desas
actividades será de: 40 puntos na proba obxectiva, 25 nas prácticas no aula, 20 no traballo en grupo e 15 puntos na exposición.

Nalgunhas das clases o profesor pasará unha
folla de firmas dos alumnos para controlar a asistencia destes ás mesmas.

Os alumnos na avaliación continua, superarán
satisfactoriamente a materia cando cumpran todas e cada unha das seguintes tres
condicións: (1) asistir a, polo menos, o 75% das clases nas que se controlou a
asistencia; (2) acumular 50 ou máis puntos e (3) obter en cada unha das probas,
polo menos, un terzo dos puntos en xogo (5 na exposición, 7 no traballo, 8 nas prácticas e 13 nos exames). Os alumnos na avaliación non continua deberán
obter, polo menos, 50 puntos para aprobar, tendo en conta que a parte teórica
outorgará como máximo 45 puntos e a parte práctica outorgará como máximo 35 puntos. Isto último tamén se aplicará a todos os alumnos que se presenten na
oportunidade oficial de Xullo.

Salvo razóns de forza maior, non se gardarán
as cualificacións de ningunha das prácticas, dos traballos ou de calquera outra
actividade docente de cursos pasados. En ningún caso gardaranse as
cualificacións obtidas en calquera das actividades docentes dunha oportunidade
en calquera das demais. Quen aprobe a materia nunha oportunidade aprobaría toda
a materia, do mesmo xeito que quen suspenda a materia suspendería toda a
materia.













O profesor resérvase o dereito
a introducir modificacións ao longo do curso, sempre que non entren en
contradición con algunha das indicacións que aquí se conteñen.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes