Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Análise multivariante de datos sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A7 A26 B6 B21 A proba mixta consistirá na realización un examen ao longo do cuadrimestre acerca das lecturas básicas da materia.
Todos aqueles alumnos que non desexen ser avaliados a través da avaliación continua poderán presentarse aos exames das convocatorias oficiais. Ese exame constará dunha parte teórica e outra práctica.
45
Prácticas a través de TIC A5 A7 A14 A16 B3 B6 B7 B27 C1 C3 Ao longo do curso realizaranse prácticas na aula que implicarán a aplicación a casos prácticos concretos da técnica de investigación que se vaia abordando en cada momento. Os alumnos deberán acreditar a súa asistencia a, polo menos, o 75% das prácticas. 30
Traballos tutelados A5 A7 A14 A15 A16 A26 B3 B4 B5 B6 B12 B27 C1 O traballo tutelado de curso consistirá na realización dun traballo de investigación con datos secundarios desde principio a fin. Deste xeito, os alumnos deberán abordar o manexo de programas informáticos de tratamento de datos, a análise dos resultados e a elaboración do informe de investigación. Tratarase de fomentar o traballo en equipo, polo que o traballo de curso realizarase en grupos de non máis de tres alumnos. 25
 
Observacións avaliación

Aos efectos da avaliación na materia, distinguirase entre os alumnos en avaliación continua e alumnos en avaliación non continua. Aqueles alumnos que non entreguen ningunha das actividades avaliables (prácticas, traballo tutelado ou exame) considerarase que optaron pola avaliación non continua. Os alumnos que entreguen algunha práctica, o traballo tutelado e o exame entenderase que optaron pola avaliación continua.

A avaliación do esforzo dos alumnos que elixeron a avaliación continua baseárase nun sistema de puntos que terán que acumular ao longo do cuatrimestre. O número máximo de puntos que poden obter os alumnos será de 100 (30 puntos nas prácticas, 25 no traballo e 45 na proba mixta). A sua nota final dependerá directamente do número de puntos que acumulen. Os alumnos na avaliación continua superará a materia cando cumpran todas e cada unha das tres condicions seguintes: (1) asistir a lo menos ao 75% das clases nas que a asistencia sexa controlada; (2) acumular 50 puntos ou máis e (3) obter en cada unha das probas, a lo menos, un terzo dos puntos en xogo (10 nas prácticas, 8 no traballo e 15 na proba mista).

Os estudantes na avaliación non continua só deberán realizar o exame da convocatoria oficial en xuño. Nesta convocatoria deberán obter polo menos 50 puntos para aprobar, tendo en conta que a parte teórica do exame outorgará como máximo 45 puntos e a parte práctica outorgará un máximo de 25 puntos.

Na oportunidade de xullo, non se fará distinción entre os alumnos na evaluación continua ou non continua. Non se gardarán as calificacións de ningunha das prácticas, traballos ou exame de convocatorias anteriores.

O profesor resérvase o dereito de introducir modificacións ao longo do curso, sempre que non contradigan ningunha das indicacións aquí contidas.

Respecto da evaluación continua e non continua tanto na oportunidade de xuño como de xullo, así como a dispensa académica actuárase segundo a lexislación vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes