Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía económica e das organizacións
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Fundamentos da socioloxía económica:
De que falamos cando falamos de acción económica? Comportámonos como seres racionais no ámbito económico-monetario ou somos previsiblemente irracionais? Que modelos de racionalidade contempla a socioloxía? Por que non é posible predicir o comportamento humano aínda que sexa racional?
1.1. A socioloxía económica e organizacional no contexto da socioloxía xeral
1.2. O modelo de acción social da socioloxía económica vs. o modelo económico neoclásico
1.3. A nova socioloxía económica: o concepto de embeddedness
1.4. Cinco conceptos clave para entender a acción económica: poder, redes sociais, moral, valores e cultura
1.5. racionalidade vs. a irracionalidade no comportamento monetario: o papel das emocións e as expectativas ficticias

Tema 2. O papel das institucións na socioloxía económica:
Por que son importantes as institucións para comprender a realidade social e económica? Que son as institucións sociais e cales son os seus compoñentes?
2.1. O concepto de institución social en debate: novo e vello institucionalismo na socioloxía económica
2.2. O modelo analítico de Richard Scott para analizar as institucións: sistemas reguladores, normativos e cultural-cognitivos. Concepto de lexitimidade de entrada e saída de Habermas.
23. Institucións e organizacións: o modelo de Richard Scott (II) para entender a organización das institucións
2.4. Principais institucións económicas: mercados, empresas e diñeiro
Tema 3. Os mercados como estruturas sociais:
Que é o mercado e o sistema de mercado? Por que o sistema de mercado é unha institución social? Teñen os mercados unha estrutura social? Funciona o mercado segundo o modelo de competencia perfecta ou existen relacións de poder asimétricas? O mercado produce desigualdade ou funciona a través de mecanismos meritocráticos? Que normas de comportamento prevalecen no sistema de mercado?
3.1. O mercado como institución social: breve perspectiva histórica
3.2. Mercados e sistemas de mercado: Características do funcionamento do sistema de mercado. Coordinación a través do sistema de prezos.
3.3. Da economía de mercado á sociedade de mercado: a cultura e as normas do sistema de mercado.
3.4. As ambivalencias e límites do sistema de mercado: Atribucións morais do sistema de mercado. As “ineficiencias” do sistema de mercado: a desigualdade social e o límite ambiental.
Tema 4. O diñeiro como institución social.
Por que o diñeiro é unha institución social? Por que o diñeiro é unha débeda impersoal? Como consegue o diñeiro transportar valor abstracto? Son as criptomoedas unha innovación disruptiva? A forma que toma o diñeiro ten efectos na economía real e na sociedade?
4.1. Orixes do diñeiro: O falso mito do troco e o reducionismo histórico do homo economicus. teorías cartalistas.
4.2. Que é o diñeiro? funcións do diñeiro. diñeiro como débeda
4.3. Do patrón ouro ás criptomoedas: tipos de diñeiro, dixitalización e exclusión financeira.
4.4. Comportamento monetario: a teoría da marcación do diñeiro de V. Zelitzer e a contabilidade mental de R. Thaler.
Tema 5. Organizacións e empresas:
Que é unha organización e cales son os compoñentes organizativos máis importantes dunha empresa? Cales son os principais modelos organizativos e que efectos teñen sobre as actitudes e satisfacción dos traballadores/as? Cales son algúns dos principais retos dos diferentes modelos organizativos?
5.1. Que é unha organización. A organización empresarial: división técnico-produtiva; sistemas de autoridade.
5.2. O modelo burocrático e posburocrático.
5.3. Fordismo e posfordismo: o enfoque da rede e o paradigma da flexibilidade
5.4. Retos organizativos: obxectivos individuais e obxectivos colectivos; o desaxuste de medios, fins organizativos e lexitimidade organizativa; o comezo da incompetencia de Peter
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes