Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía económica e das organizacións
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Estarán centradas na exposición teórica por parte do profesor da materia correspondente a cada Tema, utilizando para iso abundante material visual (presentacións en Power-Point). Estas exposicións darán conta dos aspectos máis relevantes que comprende o tema correspondente, pero non esgotarán o seu contido senón que deixarán para o alumno/á iniciativa de buscar, ordenar e sintetizar toda a información fornecida. Deste xeito o alumno/a pasará a ter un rol máis activo. Durante a exposición animarase ao alumnado a realizar preguntas e suscitar dúbidas sobre calquera cuestión que non se comprenda adecuadamente.
Discusión dirixida Nas clases de grupos reducidos (interactivos) se debatirán os textos obligatorios de cada tema. As preguntas que orientan o debate serán adelantadas polo profesor para o seu estudo individual ou en grupo.
Proba práctica Realización dun traballo de investigación en equipo que os alumnos deben facer ao longo do curso sobre as temáticas propostas na aula
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en contextos variados (académicos e profesionais). Preocúpase principalmente de aprender "como facer as cousas". É unha opción baseada na asunción por parte dos estudantes de responsabilidade sobre a súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe por parte do profesor-titor.
Actividades iniciais Consulta sobre o coñecemento que os alumnos teñen sobre cada tema. Ditas actividades se realizarán ó comenzo de cada tema.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes