Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía económica e das organizacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A9 A14 A24 B12 B22 B25 A participación activa nos grupos interactivos será valorada en función da asistencia e a realización de breves exercicios prácticos de seguimiento. 10
Proba obxectiva A9 A14 A34 B6 B13 B17 B25 B26 B27 C4 C6 Proba de avaliación final sobre as principáis temáticas abordadas na aula 60
Proba práctica A9 A14 A15 A17 A20 A24 A26 A36 B1 B2 B3 B9 B11 B12 B13 B17 B25 B26 C4 C5 C6 Exercicios prácticos sobre as temáticas explicadas en clase.
Os mencionados exercicios planificaránse con antelación.
Para aprobar a materia é imprescindible aprobar as prácticas. A nota das mesmas será a media de tódolos exercicios realizados e entregados en tempo e forma.
A asistencia ás sesions prácticas é condición necesaria para entregar o exercicio.
30
 
Observacións avaliación
Avaliación continua
Para superar a asignatura e imprescindible aprobar o examen final e as prácticas. As dúas partes apróbanse cun 5. A nota final será a suma ponderada das dúas partes máis a puntuación ponderada das discusións dirixidas.

No caso de suspender na primeira convocatoria en Xuño, o alumno terá que facer en Xullo un examen de recuperación de todo o curso.

Aqueles alumnos que aproben as prácticas en Xuño pero suspendan o examen teórico poderán manter as notas das prácticas en Xullo. A súa nota final da segunda convocatoria será a media de ambas cualificacións. 

Avaliación final no continua

Aqueles alumnos que non poidan asistir regularmente a clase, e específicamente as clases prácticas, deberán optar pola avaliación final consistente nunha proba obxectiva que terá un peso dun 100% da nota final. 

Dispensa académica

Os alumnos/as con dispensa académica poderán seguir a asignatura a través dos materiais expostos no moddle. A avaliación farse a través dunha proba obxectiva que incúa a parte teórica e práctica. 

Plaxio

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes