Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Socioloxía da educación Código 615G01210
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Lamela Viera, Maria del Carmen
Correo electrónico
carmen.lamela@udc.es
Profesorado
Lamela Viera, Maria del Carmen
Tarrío Maneiro, Ángela Estefanía
Correo electrónico
carmen.lamela@udc.es
estefania.tarrio.maneiro@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Socioloxía da Educación trata o feito social, histórico, político e cultural da educación. A educación non pode ser estudada coma un feito social illado, senón que se trata dun complexo fenómeno atravesado por cuestións tan amplas como poden ser a economía, a clase social, o xénero, a etnia, o poder, a diversidade cultural, a familia, a estratificación social, a desigualdade, os ideais pedagóxicos, as políticas educativas, etc. Por todo isto é preciso abordar a súa comprensión dun xeito holístico e sen esquecer as múltiples relacións e interaccións entre os niveis micro e macro sociolóxicos. Para coñecer e analizar en profundidade estes temas, durante o desenvolvemento da materia formarase ao alumnado nos principais paradigmas teóricos da socioloxía clásica e contemporánea vencellados coa educación formal e tamén con contextos/articulacións informais: analizararemos criticamente o papel tradicional da escola como un axente e dispositivo socializador, reflexionaremos sobre as súas funcións e as súas posibles alternativas, e discutiremos as relacións entre a educación e a economía, a estratificación, os movementos sociais, a construcción das diferencias sexuais, a diversidade étnica, etc.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Traballo tutelado (computa na avaliación) - Aprendizaxe colaborativa (computa na avaliación) - Atención personalizada 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento do traballo realizado. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e 1 sesión semanal de discusión dirixida en grupos (ate 15 persoas) nas franxas horarias que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Mantense o mesmo sistema de avaliación que no curso presencial *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. A proba mixta equivalente ao exame final realizarase a través de Moodle. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes