Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ó estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar as aprendizaxes dos contidos da asignatura a través do estudo da bibliografía e a confección de apuntes propios polo alumnado.
Aprendizaxe colaborativa Participación e colaboración de principio a fin en traballos que deberán ser presentados na clase por un grupo ou equipo de traballo conformado por estudantes. As aprendizaxes colaborativas axudan a darlle significación á educación e serven para experienciar academicamente o significado sociolóxico do proceso de cambio socioformativo que se está a desenvolver na actualidade.
Traballos tutelados Baixo tutela docente durante as clases interactivas presenciais, así como fora da aula como traballo autónomo, os estudantes realizarán en grupo un traballo de análise e aplicación dos conceptos aprendidos relacionados coa socioloxía da educación que se presentará de forma escrita, seguindo instrucións detalladas. Complementarase coa presentación oral dos resultados a final de curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes