Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A8 C6 C7 C8 O traballo realizado sobre a búsqueda das distintas realidades sociais no marco da socioloxía da educación é de suma importancia para un bon manexo, adaptación e aplicación dos feitos socioeducativos. 5
Sesión maxistral A8 A9 A10 A12 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B20 B24 B25 B27 Asistencia e atención continuada e regular ó transcurso das explicacións da materia e a cumplimentación dos obxectivos desta paulatinamente, así como, o mantemento de comportamentos participativos adecuados para favorecer as aprendizaxes, a dialoxia e o bó clima social dentro e fora da aula. 10
Aprendizaxe colaborativa A21 A23 A25 A29 A32 A33 A34 A35 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B27 C4 C7 C8 A aprendizaxe colaborativa exixe responsabilidade persoal e social, sirve para incrementar as aprendizaxes teórico experienciais e activar mecanismos de comportamento en favor da colectividade e dun bo clima social.


20
Proba oral A1 A8 A9 A10 A12 A20 A21 A23 A25 A29 A33 A34 A36 Fomenta a capacidade de explicación de argumentación persoal e grupal e o descubrimento da potencialidade do intercambio e transmisión da información a nivel oral ou conversas. 10
Recensión bilbiográfica A8 A9 A10 A12 A34 A36 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B25 C8 O valor da lectura reflexionada e enriquecida pola propia experiencia vivida da persoa e tamén das demáis persoas axuda a fomentala creatividade nas posibles solucións á problemática que suscita. Ademáis serve para a construcción de valores positivos en prol da colectividade cando e fruto dunha reflexión dialóxica. Ademáis estas lecturas terán que ser relacionadas co resto das actividades prácticas realizadas durante o curso, polo que a súa valoración levarase a cabo tamén a través das transferencias de coñecemento realizada e a súa evaluación darase tamén a través das outras actividades dun xeito paulatino e continuado. 25
Traballos tutelados A1 A8 A9 A21 A23 A25 A29 A31 A32 A33 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B20 B27 C1 C4 C8 A través destes traballos, debidamente presentados, organizados nun cartafol, e en formato dixigital tamén, serven para evaluar e considerar tanto os coñecementos como as habilidades adquiridas durante o curso e as distintas actividades realizadas, como o esforzo, a dedicación e o traballo de colaboración personal e grupal levado a cabo de xeito continuado de cada unha das persoas dos grupos.


25
Actividades iniciais A19 A23 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B20 B25 B27 C8 Para a comprensión de todo o procedemento de ensinanza-aprendizaxe da asignatura. As tarefas a realizar, a súa secuenciación aproximada das diversas actividades de formación continua e a súa evaluación.
5
 
Observacións avaliación

Será obrigatorio para todo o alumnado a entrega dunha ficha con foto actualizada cos datos de cada alumno/a á profesora, en formato papel, para axilizar os procedementos formativos a través das atencións persoalizadas que sexan oportunas realizar.

A asignatura ten dous métodos principais de avaliación: avaliación continua e avaliación non continua. A súa vez, a avaliación continua divídese en dúas modalidades: continua e continua parcial.

1ª) Avaliación continua: Por ser a máis completa, é a que está desenvolvida a través dos apartados da guía docente. Somentes poderán optar a ela aquel alumnado que teñan obtido máis de 3 puntos (sobre 5 puntos) a través das prácticas obrigatorias da modalidade de avaliación continua parcial e escollan seguir cursando a asignatura a través de prácticas ApS (Apredizaxe Servizo) ou Intervención Sociolóxica. Esta segunda parte tamén será avaliada sobre 5 puntos e se desenvolverá a través de diferentes exercicios prácticos guiados pola profesora dacordo co alumnado que escolla eta modalidade de avaliación. Tamén é requisito imprescindible a concurrencia á totalidade das sesións de traballo, ben sexa fóra ou dentro da aula para acadar os obxectivos de ensinanza-aprendizaxe colectivos con un bo aproveitamento a través da responsabilidade persoal e social. Estas prácticas serán tamén entregadas ao igual que as obrigatorias, en cartafol colectivo, debidamente ordeado e cumprimentado, así como en formato dixital. Tamén terán que ser expostas oralmente, ordeada e razoadamente en grupo.

2ª) Avaliación continua parcial: O alumnado deberá realizar as recensións -grupalmente, co grupo asignado- e realizar os traballos prácticos obrigatorios indicados pola profesora, tamén de xeito grupal. É decir, é a parte práctica obrigatoria da asignatura que será avaliada sobre 5 puntos e que deberá estar aprobada para poder promediar coa nota acadada na proba de examen de tipo mixto que tamén estará avaliada sobre 5 puntos e que tamén deberá esta aprobada para poder promediar coa parte de prácticas obrigatorias aprobadas. Estas prácticas obrigatorias deberán entregarse a través dun cartafol colectivo, debidamente ordenado e cumprimentado, así como en formato dixital. Ademáis terán que ser expostas, ordenada e razoadamente en grupo. A asistencia a todas as sesións de aula, de traballo de campo e de reunión co grupo de traballo é requisito imprescindible. A proba de examen realizarase individualmente nas datas acordadas polo calendario académico da Facultade.

3ª) Avaliación non continua (sobre 7,5 puntos máximo): O alumnado deberá realizar as recensións -individualmente- das lecturas indicadas pola profesora (deberá asistir a algunha titoría para asesorarse, dende ó inicio de curso) e realizar unha proba de examen de preguntas tipo tema que tamén pode incluir algún comentrio de texto. As recensións serán valoradas sobre 2,5 puntos e a proba de examen sobre 5 puntos. Tamén será imprescindible entregarlle á profesora, ao inicio do curso da asignatura, unha ficha de alumno/a con foto actualizada e datos de contacto que faciliten unha atención persoalizada.

O alumno ou a alumna deberá acollerse a algunha destas metodoloxías de traballo da asignatura dende o inicio de curso ata o final. A segunda convocatoria rexerase polos mesmos criterios que a primeira, sendo inviable para esta última a modalidade de avaliación continua. Na nota final terase en conta a asistencia, o comportamento e a participación do alumnado nas diferentes actividades da asignatura, de xeito moi especial, todas aquelas que conleven a responsabilidade de acadar obxectivos grupais, para o ben común que formará parte da avaliación final de cada alumno/a.

  • Os criterios e a planificación desta guía docente son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado e segundo o criterio da profesora poderán ser obxecto dalgunha adaptación para superar a casuística específica e debidamente xustificada do alumnado. Todo isto deberá ser debidamente informamdo e xustificado á profesora no horario de titorías fixado para ser tratadas as excepcións á norma e explorar e poder entón decidir as posibles adaptacións ou non das casuísticas irregulais
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes