Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A8 A9 A10 A12 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B20 B24 B25 B27 Terase en conta a asistencia regular ás clases, o bo comportamento na aula e a participación continuada no curso, amosando interese, coidando ás compañeiras e ós compañeiros, intervindo nos debates e realizando as distintas prácticas e actividades que se vaian desenvolvendo ao longo do curso en relación coa materia, dentro e fóra da aula. 30
Aprendizaxe colaborativa A21 A23 A25 A29 A32 A33 A34 A35 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B27 C4 C7 C8 A aprendizaxe colaborativa esixe empatía, madurez e responsabilidade individual e colectiva; serve para incrementar as aprendizaxes teórico-experienciais e para activar mecanismos de comportamento en favor da comunidade e dun bo clima social.

Formaranse grupos de 4/5 persoas na aula. Da listaxe de películas e materiais audiovisuais propostos polo profesor, cada grupo elixirá unha delas –non se poderán repetir– e procederá a realizar unha exposición oral, creativa e rigurosa na aula, podendo empregar todo tipo de soportes, materiais e/ou metodoloxías (textos, gráficos, imaxes, vídeos, música, performance, teatro, fotografías, roll-playing, etc.). As exposicións terán unha duración de 15 minutos e deberán servirse dalgúns dos conceptos, paradigmas e teorías traballados na aula.

20
Proba de ensaio A1 A8 A10 A21 A35 A36 B5 B13 B18 B20 B24 B25 B27 C1 C4 A finais de curso realizarase unha proba escrita na aula. O alumnado terá que responder varias preguntas relacionadas cos contidos da materia. Dita proba poderá ser liberatoria respecto ao exame oficial de 1ª oportunidade. 20
Recensión bilbiográfica A8 A9 A10 A12 A34 A36 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B25 C8 O valor da lectura reflexionada, situada e enriquecida pola experiencia vivida axuda a fomentar a imaxinación, a creatividade e o sentido crítico. Ademais, serve para a construción de valores en prol da colectividade cando é fruto dunha reflexión dialóxica. As lecturas terán que ser relacionadas, ademais, con algúns dos contidos da materia.

Da listaxe de libros propostos na aula polo profesor, o alumnado –dividido en parellas– deberá escoller un deles e facer unha recensión.

Como alternativa, o alumnado (tamén en parellas) poderá elixir entre o traballo anterior ou a elaboración dunha "historia de vida familiar", a entregar tamén por escrito. As pautas para a elaboración da recensión e da historia de vida serán dadas na aula e subidas ao Moodle.
30
 
Observacións avaliación

A planificación exposta supón a aplicación dun sistema de avaliación continua.

Non obstante, a materia ten dous métodos principais de avaliación: continua e non continua

1) Avaliación continua:

A cualificación final obterase promediando as cualificacións dos
distintos apartados. O alumnado que teña os puntos totais suficientes para aprobar a materia
(5/10) estará exento de presentarse ao exame oficial de 1ª
oportunidade, aínda que podería facelo para subir nota.

2) Avaliación non continua:

O alumnado presentarase ao exame oficial de 1ª oportunidade, que
valerá o
55% da nota total. Para aprobar dito exame deberá alcanzar unha
puntuación mínima de 3 puntos (sobre 5'5). Ademais, deberá entregar na mesma data de exame unha recensión individual dunha das lecturas
acordadas
previamente co profesor (25% da nota total), así como un traballo
sobre
unha das películas tamén acordadas co profesor con anterioridade
(20% da
nota total).

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías
compatible coa súa adicación. En caso de non acordar uns elementos de avaliación particulares, na primeira e segunda oportunidade os
criterios
de avaliación rexiranse dacordo á modalidade de avaliación non
continua.

  • Os criterios e a planificación desta guía
    docente
    son de carácter orientativo. Considerando a heteroxeneidade do alumnado e
    segundo o criterio do profesor poderán ser obxecto dalgunha adaptación
    puntual debidamente comunicada ao alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes