Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Análise demográfica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Análise demográfica Código 615G01301
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Perez Carames, Antia
Correo electrónico
antia.perez@udc.es
Profesorado
Perez Carames, Antia
Correo electrónico
antia.perez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Análise Demográfica é de formación obrigatoria para o estudantado de 3º do Grao en Socioloxía e consta de 6 créditos ECTS. Forma parte do módulo formativo en Poboación e Ecoloxía Humana que, segundo o Plan de Estudos do Grao en Socioloxía, oferta un total de 31 créditos ECTS que se reparten en tres materias de formación obrigatoria (de 6 créditos cada unha) e tres de carácter optativo (de 4,5 créditos ECTS cada una). Deste xeito, a formación en estudios de poboación para os/as graduados/as en Socioloxía ten un carácter integral e continuado ao longo dos catro anos de carreira, cunha formación de carácter básico en poboación e análise demográfica (a través das materias de Teoría e Historia da Poboación –no 1º curso do Grao-, Análise Demográfica –en 3º curso- e Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio –tamén en 3º de Grao-), así como unhas materias complementarias, de carácter optativo, que serven de especialización nesta área de estudios. Trátase das tres optativas que, dentro do módulo de Poboación e Ecoloxía Humana, se imparten no cuarto curso da titulación: Socioloxía das Migracións, Proxeccións de Poboación, e Globalización, Medio Ambiente e Poboación. Así pois, a materia de Análise Demográfica, en relación á formación de carácter teórico que recibe o alumnado no primeiro curso da titulación de Grao en Socioloxía, ten un obxectivo complementario ao desta materia e céntrase principalmente na aprendizaxe das ferramentas técnicas para realizar unha análise da estrutura e dinámica dunha poboación a través das principais taxas, índices e indicadores ao respecto. Ten, polo tanto, un carácter práctico e aplicado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Prácticas de laboratorio - Portafolios do estudantado - Sesións maxistrais - Presentación oral (sería virtual) *Metodoloxías docentes que se modifican - Presentación oral (realizaríase de maneira virtual) - Proba obxectiva (de ser necesario, substituirase por un traballo tutelado) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: diariamente para consultas, dúbidas e seguimento das tarefas. - Moodle: diariamente, segundo a necesidade do estudantado. - Teams: 1 clase maxistral á semana, 1 clase práctica virtual á semana. 1 titoría por cada grupo á semana para apoio na realización dos traballos e prácticas. 4. Modificacións na avaliación Manténse o mesmo sistema de avaliación, pero a presentación oral de lecturas se realizaría de maneira virtual e tamén a proba obxectiva se substituiría por un traballo tutelado. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes