Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Desviación e control social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A35 B3 B13 C4 C6 A través de materiais asignados previamente, desenvolveranse exercicios presencias prácticos que formarán parte da avaliación. Realizaranse polo menos 10 exercicios prácticos presenciais. A cada exercicio asignaráselle un valor en puntos que sumará ata un máximo de 10. Prevese contemplar traballos sustitutivos non-presenciais optativos para compensar a metade dos exercicios presenciais que non sexan superados polo alumno. 50
Proba de resposta múltiple A19 A21 A32 A35 B3 B9 B13 C6 Un exame final de preguntas test sobre lecturas. 50
 
Observacións avaliación
A cualificación final será a media do exame final e dos exercicios prácticos presenciais (ou sustitutivos). O aprobado obtense cunha media de 5 ou máis (sobre 10); polo que non é necesario ter aprobadas as dúas partes.

Este sistema de avaliación admite en igualdade de condicións ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Prevese que estes alumnos poidan aproveitar a oportunidade de realizar os exercicios sustitutivos non-presenciais.

Para a segunda e posteriores convocatorias, a avaliación será mediante proba mixta de preguntas de resposta múltiple e preguntas breves de desenvolvemento sobre os contidos das lecturas asignadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes