Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Metodoloxía da investigación por enquisas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audivisuais e a introducción de temas para debate por parte do estudantado. Propiciarase a participación na clase tanto de alumnas como de alumnos. Na medida en que o desenvolvemento da materia o permita, invitaránse profesionais de distintas disciplinas a participar nas sesións maxistrais.
Prácticas de laboratorio Realización de actividades de carácter práctico, relacionadas coa materia impartida nas sesións maxistrais.
Investigación (Proxecto de investigación) Realización dun proxecto de investigación con metodoloxía de enquisa. O proxecto de investigación realizarase en grupos.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia. A proba combinará preguntas tipo test con preguntas de resposta curta.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes