Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Metodoloxía da investigación por enquisas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A7 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A26 A27 B1 B3 B4 B5 B13 B25 B26 B27 C3 C6 C8 Para cada tema do programa o alumno/a terá que realizar unha práctica, co fin de conseguir as habilidades e destezas necesarias. 50
Investigación (Proxecto de investigación) A5 A7 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A26 A27 B1 B3 B4 B5 B13 B25 C3 C6 C8 Realizarase en grupo un proxecto completo do deseño dunha investigación por enquisas. 40
Aprendizaxe colaborativa A9 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A26 A27 B4 B5 B13 B25 C3 C6 C8 Organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 10
 
Observacións avaliación

Propóñense dous sistemas de avaliación:A) Sistema baseado na avaliación continua:A nota final da asignatura é a suma ponderada das notas das prácticas, do proxecto de investigación a realizar en grupo ao longo do curso e da aprendizaxe colaborativo. Estas partes apróbanse cun 5, sendo esta a nota mínima para poder realizar a suma ponderada. A nota das prácticas calcularase facendo a media aritmética dos exercicios prácticos realizados. Cada práctica non entregada no tempo e forma indicado valorarase cun cero e como tal computará na media.En caso de suspender unha das partes o alumno/a poderá recuperala en xullo, entregando o exercicio corrixido e mantendo a nota da parte aprobada. B)Sistema baseado na avaliación final: Consistente na realización dun exame final sobre os contidos do programa impartido en clase e na realización dun traballo de curso a entregar no momento sinalado polo profesor na clase. Ambas partes apróbanse cun cinco. A nota final será a media de ambas notas cuxo cálculo será a partir de cinco.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes