Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Metodoloxía da investigación por enquisas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A7 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A26 A27 B1 B3 B4 B5 B13 B25 B26 B27 C3 C6 C8 Para cada tema do programa o alumno/a terá que realizar unha práctica, co fin de conseguir as habilidades e destezas necesarias. 30
Investigación (Proxecto de investigación) A5 A7 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A26 A27 B1 B3 B4 B5 B13 B25 C3 C6 C8 Realizarase en grupo un proxecto completo do deseño dunha investigación por enquisas. 20
Proba obxectiva A5 A7 A13 A14 A15 A16 A26 A27 B13 B3 C3 C8 O alumno ten que superar unha proba obxectiva sobre os conceptos básicos da materia. 50
 
Observacións avaliación

Sistema de avaliación: a nota final da materia é a media entre a parte
práctica (Prácticas e investigación) e a Proba obxectiva (exame). Para a correcta
realización de ambas é necesaria a asistencia a clase. Estas partes apróbanse
cun 5, sendo esta a nota mínima en cada unha para a realización  da media. 

A nota das prácticas calcularase facendo a media aritmética dos exercicios
prácticos realizados (30% da nota). Cada práctica non entregada no tempo e
forma indicado valorarase cun cero e como tal computará na media. O traballo de
investigación en grupo suporá o 20% da nota.

En caso de suspender unha das partes o alumno/a poderá recuperala na
segunda oportunidade, mantendo a nota da parte aprobada.

O sistema de avaliación para o 
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa
académica de exención de asistencia: consistirá na realización dun exame final
(50% da nota) sobre os contidos do programa impartido en clase e na realización
dun traballo de curso individual (50% da nota) a entregar no momento sinalado
pola profesora na clase. Para a realización da media, ambas as partes debense superar cunha nota mínima de 5. En caso de suspender unha das partes o/a alumno/a
poderá recuperala na segunda oportunidade, mantendo a nota da parte aprobada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes