Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Metodoloxía da investigación por enquisas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A15 A16 B1 B2 B3 B4 B7 B10 B12 B13 B17 B18 B27 C4 O proxecto de investigación en grupo contribuirá ao 40% da nota final.


Fixarase unha data límite para a entrega do proxecto de investigación. Non se admitirá o proxecto de investigación para avaliación fóra de prazo.


O proxecto de investigación solicitaráse en formato dixital.
40
Prácticas de laboratorio A14 A16 A17 B1 B2 B4 B5 B7 B12 B23 B25 C3 Valorarase a asistencia ás prácticas de laboratorio e a participación activa do estudantado nas prácticas que se propoñan.

Os/as estudantes deberán entregar un mínimo de dúas das prácticas realizadas no laboratorio para a súa avaliación.

A asistencia e participación do estudantado e a entrega das prácticas contribuirá ao 10% da nota final.

Fixarase unha data límite para a entrega de cada unha das prácticas. Non se admitirán as prácticas para avaliación fóra de prazo.

As prácticas solicitaranse en formato dixital.
10
Sesión maxistral A5 A7 A13 A16 A20 A21 A26 A27 A34 C4 C6 C8 Valorarase a asistencia ás sesións maxistrais e a participación nos debates que se propoñan na aula.

A asistencia e participación nas clases maxistrais do estudantado contribuirá ao 10% da nota final.
10
Presentación oral A15 A24 B6 B12 B13 C1 A presentación oral do traballo de investigación contribuirá ao 10% da nota final. 10
Proba obxectiva A7 A14 B3 B5 B21 Realizarase unha proba obxectiva que contribuirá ao 30% da nota final. 30
 
Observacións avaliación
O sistema de avaliación que se prantexa é de avaliación continua, no que cada unha das partes ten un peso específico para o cómputo da nota final da materia. Se un/ha alumno/a non presentase a calquera dos seguintes elementos de avaliación tería como nota na avaliación continua un "non presentado":
- prácticas de laboratorio
- proxecto de investigación
- presentación oral
- ou proba obxectiva

No caso de que a nota na avaliación continua sexa un "non presentado" ou que non se obteñan os mínimos esixidos para superar a materia polo sistema de avaliación continua (é dicir que non se supere o 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación), os estudantes poderán presentarse a unha proba obxectiva única que comprenderá toda a materia. Esa proba obxectiva constará de preguntas curtas e/ou de resposta múltiple e de exercicios prácticos.

A proba obxectiva única farase nas datas que estableza o centro nos calendarios oficiais de exames.


O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia terá que avaliarse, preferentemente, mediante a realización da proba obxectiva única.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes