Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Metodoloxía da investigación por enquisas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A5 A7 A8 A9 A13 A14 A15 A16 A17 A20 A19 A21 A24 A27 A34 B27 B26 B23 B21 B18 B17 B13 B12 B10 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C8 O proxecto de investigación realizarase en grupo


Fixarase unha data límite para a entrega do proxecto de investigación. Non se admitirá o proxecto de investigación para avaliación fóra de prazo.


O proxecto de investigación solicitaráse en formato dixital.
30
Prácticas de laboratorio A5 A7 A8 A9 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A21 A24 A27 B25 B23 B21 B18 B13 B12 B10 B7 B6 B5 B4 B2 B1 C1 C3 C4 C6 Valorarase a asistencia ás prácticas de laboratorio e a participación activa do estudantado nas actividades que se propoñan.

Fixarase unha data límite para a entrega de cada unha das prácticas. Non se admitirán as prácticas para avaliación fóra de prazo.

As prácticas solicitaranse en formato dixital.
30
Proba obxectiva A5 A7 A14 B1 B3 B5 B6 B21 C1 Realizarase unha proba obxectiva co contido teórico da materia, nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
A porba constará de preguntas tipo test e preguntas de resposta curta.
40
 
Observacións avaliación
Todas as actividades, tarefas e
traballos a realizar ao longo do cuadrimestre contabilizan para a nota
final.  

As prácticas e o traballo de investigación  realizaranse ao longo do cuadrimestre e a
proba obxectiva (exame) na data oficial de primeira convocatoria.  

Tanto as prácticas como o
traballo de investigación tutelado serán entregados nas datas marcadas polas
profesoras, non se corrixirá ningunha práctica fóra de prazo.  

O traballo
tutelado só corrixirase unha vez tras a data de entrega (non haberá segunda
corrección), o/a alumno/a xa conta coas instrucións  e a guía das profesoras nas sesións
interactivas e nas titorías 

Para aprobar a materia é
necesario aprobar tanto os traballos tutelados e prácticas (60%) como o exame
(40%).  
A nota mínima para superar cada unha das partes é un 5 (aprobado) 

Gardarase a nota da parte superada para a segunda oportunidade.  

No caso de non superar unha das
partes na primeira convocatoria,  constará
a cualificación da parte suspensa. 

Para superar a parte práctica na
segunda oportunidade deberán entregarse as actividades e/ou traballo de
investigación suspensos ou non presentados. A data e horas límite de entrega
serán as mesmas que as do exame oficial de segunda oportunidade. 

Para superar a parte teórica en
segunda oportunidade deberá realizarse a proba obxectiva, nas datas oficiais. 

Aqueles/as alumnos/as con
dispensa ou  recoñecemento de dedicación a tempo parcial deberán contactar
coa profesora responsable da materia ao comezo de curso.  A parte práctica será avaliada por medio dun
traballo de investigación individual (diferente ao do alumnado presencial), que
suporá o 60% da nota. As instrucións para a súa realización estarán a
disposición na Aula Virtual da Materia. A avaliación da parte teórica será nas
mesmas condicións que o alumnado presencial.   

As condicións de avaliación para o alumnado de  oportunidade adiantada, serán as establecidas
para o alumnado non presencial: A parte práctica será
avaliada por medio dun traballo de investigación individual (diferente ao do
alumnado presencial), que suporá o 60% da nota, e a avaliación da parte teórica coa realización da proba obxectiva. 

O sistema de avaliación para o alumnado dos programas de intercambio será o mesmo que para o resto dos e das estudantes.

Os materiais utilizados nas sesións: presentacións, audiovisuais, lecturas
e prácticas tamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a
través da plataforma Moodle. 

Os traballos e prácticas entregaranse en formato dixital a través da ferramenta
habilitada na Aula Virtual, sen necesidade de imprimilos.  

Tanto nos contidos como no sistema de avaliación atenderanse ás
recomendacións de axustes razoables propostas pola Unidade de Atención á
Diversidade (ADI) no caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE,
proporcionadas pola Coordinación do PAT do centro.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes