Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da familia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A9 A14 A18 A24 A32 B1 B3 B10 B12 C1 Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre van contabilizarse para a nota final. O conxunto de prácticas e tarefas grupales suporán o 50% da cualificación e o exame final o 50%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado: tómase en conta o teu esforzo cotián e, ao mesmo tempo, se fuches traballando durante o cuadrimestre, é de esperar que non teñas problemas para superar a proba final con éxito. As prácticas que se realizarán ao longo do cuadrimestre terán un contido variado. Todas elas se realizarán en grupos e é obrigatorio entregarmas por escrito ao final do cuadrimestre en forma de traballo de investigación. Durante as sesións prácticas traballaredes en grupos e revisaremos as tarefas realizadas por cada un deles. Sempre teredes tempo a mellorar as prácticas coas nosas indicacións. O traballo que entregades ao final do curso recollerá todas as prácticas elaboradas. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. É necesario ter aprobado o exame e o traballo para superar a materia. A asistencia é obrigatoria ás clases teóricas e prácticas. Pasarase lista en cada unha das sesións. Soamente gardarse a nota obtida en cada unha das probas durante a convocatoria en curso. 100
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes