Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía urbana e ordeamento do territorio
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve En cada tema realizase un breve control que permite medir o nivel de capacitación do alumnado
Sesión maxistral Cada un dos temas será exposto inicialmente en clase polo profesor. O alumnado contará previamente con material escrito pra acudir a sesión maxistral co tema lido. Ademais da exposición xeral do tema, na sesión insístese nos conceptos que, da avalición das probas de resposta breve, tirase a conclusión de que é precisa unha especial atención por parte do alumnado.
Lecturas A principio de curso e referido a cada tema, facilitaranse lecturas e documentos que constituirán o material de traballo da materia
Discusión dirixida Todos os temas requiren dunha análise crítico por parte dos/as alumnos/as. Estas realizaranse na aula, en clase, e sobre parámetros previamente marcados como orientativos
Traballos tutelados É imprescindible (obrigatorio) a realización dun trataballo temático (tema a elixir polo alumnado a partir dunhas propostas elaborados polo profesor). Dito traballo ten unha extensión máxima de 15 páxinas e un formato preestablecido e explicado en clase (estrutura habitual de paxinación, indice, introducción, .. conclusións, bibliografía)
Simulación Trátase de emular como interaccionan os distintos axentes intervintes na reproducción do mercado do solo (promotores, constructores, técnicos, administraciones, bancos, aforradores, compradores, ...). O xogo de rol está xa deseñado polo profesor e cada alumna/o deberá desempeñar un papel e facer o exercicio que se dicta para cada actor
Estudo de casos Trátase dunha saída ou dun caso traísdo a aula ou laboratorio, que será analizado en profundidade, coa axuda das ferramentas pertinentes de cada caso ou, mesmo, de profesioais que expliquen as intervencións
Proba obxectiva O elemento fundamental de avaliación virá definido por unha proba obxectiva, a modo de exame final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes