Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía urbana e ordeamento do territorio
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve En cada tema realizase un breve control que permite medir o nivel de capacitación do alumnado
Sesión maxistral Cada un dos temas será exposto inicialmente en clase polo profesor. Ademais da exposición xeral do tema, na sesión insístese nos conceptos que, da avalición das probas de resposta breve, tirase a conclusión de que é precisa unha especial atención por parte do alumnado.
Lecturas De cada tema suxeriranse leturas que permitan cubrir ou complementar os obxectivos e competencias que se definan para cada un
Discusión dirixida Todos os temas requiren dunha análise crítica por parte dos/as alumnos/as. Estas realizaranse na aula, en clase, e sobre parámetros previamente marcados como orientativos
Traballos tutelados Trátase dun ou varios traballos temátcos sobre os contidos do programa.
Estudo de casos Trátase dunha de casos ilustrativos das diferentes temáticas tratadas. Ditos casos serán elaborados, en aula, na rúa, en aula informática, etc., dependendo do caso.
Proba obxectiva O elemento fundamental de avaliación virá definido por unha proba obxectiva, a modo de exame final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes