Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía do consumo e investigación de mercados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 A16 A24 A26 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B18 C1 C8 Traballo grupal de carácter práctico relacionado coa materia. 20
Proba obxectiva A8 A24 A35 B1 B3 B5 B6 B13 B27 C1 Exame correspondente ás convocatorias oficiais coa totalidade do temario.
40
Obradoiro A1 A8 A15 A16 A24 A26 A35 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B13 B18 B27 C1 C4 C8 Prácticas, actividades, e participación ao longo do curso 30
Presentación oral A24 B3 B6 B12 B18 C1 A presentación oral do traballo tutelado 10
 
Observacións avaliación

Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre contabilizan para a nota final.  As prácticas do obradoiro e o traballo tutelado realizaranse ao longo do cuadrimestre e a proba obxectiva (exame) na data oficial de primeira convocatoria. 

Tanto as prácticas como o traballo de investigación tutelado serán entregados nas datas marcadas polos/as profesores/as, non se corrixirá ningunha práctica fóra de prazo.  O traballo tutelado só corrixirase unha vez tras a data de entrega (non haberá segunda corrección), o/a alumno/a xa conta coa guia e titorización dos/as profesores/as  durante as sesións prácticas. 

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados e prácticas (60%) como o exame (40%).  A nota mínima para superar cada unha das partes é un 5 (aprobado) Gardarase a nota da parte superada para a segunda oportunidade. 

Os materiais utilizados nas sesións: presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticas tamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a través da plataforma Moodle.

Os traballos e prácticas entregaranse en formato dixital a través da plataforma Moodle, sen necesidade de imprimilos.

Tanto nos contidos como no sistema de avaliación atenderanse ás recomendacións de axustes razoables propostas pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI) no caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE, proporcionadas pola Coordinación do PAT do centro.

Aqueles/as alumnos/as con dispensa ou  recoñecemento de dedicación a tempo parcial deberán contactar coa profesora responsable da materia ao comezo de curso. Poderase manter o sistema de avaliación continua, con pequenos cambios: o Traballo tutelado será de carácter individual e non precisará de exposición na aula; e as actividades ou prácticas a realizar polo alumnado na aula, serán substituídas por outras ou adaptadas para a súa realización de maneira non presencial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes