Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da comunicación e da opinión pública
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Socioloxía da comunicación e da opinión pública Código 615G01310
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Golías Pérez, Montserrat
Correo electrónico
montserrat.golias@udc.es
Profesorado
Alonso Pardo, Paula
Golías Pérez, Montserrat
Correo electrónico
p.alonso@udc.es
montserrat.golias@udc.es
Web http://sociologia.udc.es
Descrición xeral Trátase de presentar ao alumno o contexto da sociedade da información e do coñecemento, a comunicación como variable que incide no proceso social. Para iso preténdese observar a socioloxía da comunicación e a opinión pública como materia aplicada e xeneral da socioloxía. Desenvólvese o marco teórico e o seu contextualización e analízase o peso da opinión na sociedade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán modificacións nos contidos. O material estará a disposición do alumnado na Plataforma Moodle. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral: As sesións maxistrais (exposición orais) realizaranse no horario previsto. Se celebrarán de maneira síncrona a través da Videoconferencia de Teams, pero serán gravadas e subidas tamén á Aula Virtual, xunto co material (presentacións, lecturas, outro material audiovisual) correspondente a cada tema, de xeito que teñan acceso de forma asíncrona aqueles alumnos con problemas de conectividade. A interacción co alumnado (participación e debate), manterase de maneira síncrona a través da videoconferencia ou chat de Teams e asíncrona habilitándose tamén Foros Virtuais de Moodle. - Traballo de investigación: Realización dun traballo en grupo, de carácter empírico relacionado coa temática da materia. As explicacións se farán de maneira síncrona a través de Teams e asíncrona subindo a explicación xunto co material correspondente na Aula Virtual. As dúbidas resolveranse nas clases virtuais a través de Teams ( cuxa gravación tamén será subida a Moodle), e no Foro Virtual habilitado para esta metodoloxía concreta. Os alumnos/as tamén poderán solicitar titorías grupais que se levarán a cabo por Teams. - Prácticas de laboratorio: Realización de actividades prácticas (de carácter grupal ou individual) nas que se combinan diferentes probas, trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión das profesoras da materia. Explicaranse a través de Teams de maneira síncrona, pero a explicación será gravada e subida a Aula Virtual. A entrega de prácticas será a través dos recursos dispoñibles en Moodle. - O exame se realizará utilizando as ferramentas e recursos telemáticos dispoñibles para o alumnado. *Metodoloxías docentes que se modifican: non se modificarán as metodoloxías, pero se adaptarán á non presencialidade de maneira virtual, e se incorporarán Foros Virtuais (que non computarán para avaliación) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Estableceranse diferentes canles de comunicación directa co alumnado, a través das ferramentas e recursos que teñen a súa disposición: Teams, Correo electrónico, Moodle ou Teléfono (alumnado con limitacións de conectividade). A atención desenvolverase no horario semanal de titorías establecido polos docentes, en titorías grupais a concretar co alumnado, nas sesións virtuais síncronas, nos foros virtuais de Moodle 4. Modificacións na avaliación: Non se realizarán modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Manteranse as mesmas observacións 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non haberá variacións no material nin na bibliografía. O esixido aos alumnos/as estará dispoñible na Aula Virtual, en situación de presencialidade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes