Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da comunicación e da opinión pública
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 A16 A25 B1 B2 B4 B22 C3 Realización dun traballo en grupo de carácter empírico que consistirá no Seguimento e Análise (cuantitativa e cualitativa) dun tema de actualidade nos Medios de Comunicación. As instrucións para a súa realización estarán a disposición dos e das estudantes na aula virtual da materia. 30
Proba obxectiva A5 A9 A14 A16 B3 B9 B27 C8 Realizarase unha proba obxectiva para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia. A proba combinará preguntas tipo test con preguntas de resposta curta. 40
Obradoiro A1 A4 A27 B10 B21 B24 C1 C7 Realización de actividades prácticas (de carácter grupal ou individual) nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión das profesoras da materia. 30
 
Observacións avaliación

Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar
ao longo do cuadrimestre contabilizan para a nota final.  

As prácticas do obradoiro e o traballo de
investigación  realizaranse ao longo do cuadrimestre e a proba obxectiva
(exame) na data oficial de primeira convocatoria.  



Tanto as prácticas como o traballo de investigación tutelado serán entregados
nas datas marcadas polas profesoras, non se corrixirá ningunha práctica fóra de
prazo.  



O traballo tutelado só corrixirase unha vez tras a data de entrega (non haberá
segunda corrección), o/a alumno/a xa conta coas instrucións  e a guía das
profesoras nas sesións interactivas e nas titorías 



Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados e
prácticas (60%) como o exame (40%).  

A nota mínima para superar cada unha das partes é un 5 (aprobado) 



Gardarase a nota da parte superada para a segunda oportunidade.  



No caso de non superar unha das partes na primeira convocatoria,  constará
a cualificación da parte suspensa. 



Para superar a parte práctica na segunda oportunidade deberán entregarse as
actividades e/ou traballo de investigación suspensos ou non presentados. A data
e horas límite de entrega serán as mesmas que as do exame oficial de segunda
oportunidade. 



Para superar a parte teórica en segunda oportunidade deberá realizarse a proba
obxectiva, nas datas oficiais. 



Aqueles/as alumnos/as con dispensa ou  recoñecemento de dedicación a tempo
parcial deberán contactar coa profesora responsable da materia ao comezo de
curso.  A parte práctica será avaliada por medio dun traballo de
investigación individual (diferente ao do alumnado presencial), que suporá o
60% da nota. As instrucións para a súa realización estarán a disposición na
Aula Virtual da Materia. A avaliación da parte teórica será nas mesmas
condicións que o alumnado presencial.   



As condicións de avaliación para o alumnado de  oportunidade adiantada,
serán as establecidas para o alumnado non presencial: A parte práctica será
avaliada por medio dun traballo de investigación individual (diferente ao do
alumnado presencial), que suporá o 60% da nota, e a avaliación da parte teórica
coa realización da proba obxectiva. 

 

O sistema de avaliación para o alumnado
dos programas de intercambio será o mesmo que para o resto dos e das
estudantes.

 

Os materiais utilizados nas sesións:
presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticas tamén serán postos a
disposición do/a alumno/a en formato dixital a través da plataforma
Moodle. 

 

Os traballos e prácticas entregaranse en
formato dixital a través da ferramenta habilitada na Aula Virtual, sen
necesidade de imprimilos.  

 

Tanto nos contidos como no sistema de
avaliación atenderanse ás recomendacións de axustes razoables propostas pola
Unidade de Atención á Diversidade (ADI) no caso do alumnado con diversidade
funcional ou NEAE, proporcionadas pola Coordinación do PAT do centro.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes